domingo, 28 de diciembre de 2008

Qué soños máis extraños...

Estado: soñadora
Canción: Ligabue: Niente paura

Hoxe tiven un s0ño extraño, pero gratificante e ó mesmo tempo estresante...

Estaba en unha empresa, en Milán, na que ninguén falaba castellano, e precisaban de alguén que soubese castelán e italiano... Total que estaba traballando alí, e me chamaban cada dúas por tres para interpretar o que estaba dicindo un tipo ou para traducir documentos... Non lembro moito, básicamente lembro que estaba moi acelerada... :D

Anda que se fora real.. jajaja. Estaría feliz da vida :D

Doume conta de que tamén soñei outra cousa pero non sei exactamente o que...

Bico da lúa: Dous anos



Hoxe fai dous anos que abrín este blog, o cuarto da miña lista e aínda que non é moi visitado, sigo e escribo nel sempre que me ven unha idea.

Lémbrome ben dos motivos polos que iniciei a escribir un novo blog en galego, o primeiro, que non quería esquecelo. Non falo galego normalmente na miña vida (as veces, pero poucas, xa que en Vigo non o falamos moito) e dende que empecei a estudiar italiano, tiven algúns problemas ca miña lingua rexional, polas numerosas interferencias.

Escribo o galego como o estudiei no seu momento, neguéime sempre a guiarme pola normativa nova, xa que en algunhas das novas normas non estou dacordo e é moi visible a influencia política. E non penso cambiar o meu modo de pensar, independentemente do que pensen os demáis, que é igualmente respetable.

Quero deixar claro que estou moi contenta, que non me vergoño de ser galega, e que espero seguir escribindo moitos anos máis.

sábado, 27 de diciembre de 2008

Nadal

Estado: cansa
Canción: Vacca: oggi va così

Hoxe estou realmente agotada. Quizáis non sexa tan extraño, ó fin e ó cabo. O 24, Noiteboa. En casa dos meus avós paternos, en Porriño, como cada ano. Despois fun a Cepeda (Pazos de Borbén) cá miña mellor amiga e o noivo, para medio-celebrarlo. Vimos algunha película, bebimos, comimos... En fin. Non me imaxinaba que ía a ser un bó plan, o malo é que de noite facía un frío tremendo (levamos un radiador) e de día calor.

E o 25, Nadal. É un día que non me gusta moito, ademáis sempre (ou casi sempre) o pasamos en casa dos meus avós maternos, en unha aldea que realmente é agobiante (o almenos para mín). Todos os anos, cando pasa este día, síntome super aliviada.

Onte aproveitei o día, quería facer uns regaliños de Nadal a dous amigos, así que nada... Tiña moi claro o que quería e onde ir, así que non tiven maiores problemas.

Este mes tamén dinme conta de que gastei moito diñeiro, a verdade, é que no meu caso, os famosos “gastos formiga” son unha lacra. Teño un problemiño cá comida e os doces, e iso salta á vista dos meus gastos...

Eu hoxe teño o día tonto, espero que vós o esteades pasando ben :D

jueves, 18 de diciembre de 2008

Sanidade pública

Dende logo, estou moi orgullosa do noso "SERGAS" e non é para menos. Sí, estou sendo sarcástica. Pero empezarei dende o principio.

Fai uns meses mandáronme unha tarxeta de sanidade pública nova, a diferencia é que esta tarxeta tiña o meu número de seguridade social no lugar do número dos meus pais. Pois ben, eu non son unha que vai moito ó médico, pero fun recientemente e atopei que a miña médica é unha insoportable. Polo tanto, dedicín que me cambiaría de médico. Ademais, a mín o horario de tarde me va de cú.

Pois nada, fun ata alí, e preguntanme se estou traballando ou cobrando o paro. Digo que non. A tipa din que entón a miña tarxeta non vale, que tería que ter o número de Seguridade Social dos meus pais. ¿Qué? ¿Entón para que o**** mandáronme esa p*** tarxeta? Eu estiven traballando, peor por tres meses. O máis gracioso é que a última vez que fun ó médico usei esa tarxeta e ninguén me dixo nada...

Vaia merda de servicio de saúde. Diosssss.

martes, 9 de diciembre de 2008

Caballero e o botellón

Agora, o señor alcalde de Vigo, Abel Caballero, quere prohibir o botellón en Vigo. Esta lei aprobaráse en marzo e deixará desamparados a moitos xóvenes, agora explicarei por qué.

En Vigo non hai moitas opcións de ocio. Xa para empezar, en Vigo non quedan grandes discotecas, solo ó Émbassi e o A. Moita xente desprázase ata Porriño para ir a Queen (e iso, obviamente supón un desembolse económico en taxis, gasoliña, etc). Non hai moitas actividades de ocio para os xóvenes. A maior parte son de pago (e non precisamente baratas) ou actividades creadas e promocionadas por persoas e asociacións totalmente anónimas. Polo tanto, paréceme moi lóxico que NÓS fagamos botellón. Non toda a xente que se xunta para facer botellón bebe desmesuradamente, hai moita xente que simplemente socializa (Hai unha zona moi coñecida á que van os estudiantes universitarios).

Por último, debo destacar que o señor Caballero escribiu algúns libros. Non os lín, pero en fin. Se sá botar a imaxinación a algunhas cousas, tamén a outras, digo eu. Que organice uns talleres literarios ou outras actividades culturais... Xa veríamos como cambia o conto.

(Políticos... qué poucas ideas teñen...!)

lunes, 1 de diciembre de 2008

Finde...

Esta fin de semana foi interesante.

O venres tiven a cena cos meus compañeiros e a miña mestra de chinés, despois fomos por aí algúns de nós. A verdade, que paséino moi ben. Moitos de nós xa nos coñeciamos do ano pasado, e hai bastante bó rollo.

O sábado fun con Roberto e Matteo ó cine a ver Madagascar 2 (ha,ha)e foi divertido. O malo é que despois fumos a tomar algo e bueno, eles comezaron a falar de cousas conectadas cá política, algunhas moi específicas das que non atreveriame a dar a miña opinión porque non as coñezo. Así que prácticamente non abrín a boca. Aburrínme un pouquiño, ademáis estaba un pouco cansa. Non culpo a ninguén, que conste... :D Non era a noite, ha, ha, ha.


O domingo pola mañán, quedeis con Jaime, un rapaz chinés que estudia na EOI. Dicía que foise dúas semanas e que me comprara un regalo. Pois sí, un libro de caracteres chineses moi interesante. ¡A ver cántos coñeces! díxome. E recorrín as páxinas sinalando os caracteres que xá coñecía. É moi simpático. A verdade,que o regaliño sorprendeume, non conseguira quedar con él ata agora :D- Espero que mañá os meus compañeiros de chinés non empecen có vacile... ¡outra vez!

sábado, 22 de noviembre de 2008

O subcosciente

Onte soñei que estaba castigada nunha clase, cara á parede, a espaldas de todos, mentres a mestra explicaba algo.

Non hai moito máis qué comentar.

martes, 18 de noviembre de 2008

Mal día...

Onte tiven un día disos nos que gustaríache pegarte un tiro, o quizáis dous. A verdade que, non sei se poderia ser peor. Pola mañán tive que ir o médico para recoller unhas análises... E unha xa estaba, pero a outra non. A doutora, é un pouco pesada e rompíume a cabeza. Saín xa de aí mosqueda, con ganas de matar a alguén e pensando en que necesito as análises para o 20. A ver qué pasa.

Non conseguín concentrarme en todo o día en nada. Despois, chegou a hora de natación. Foi horrible. Repentinamente sentínme sen folgo, e non daba unha. Non conseguía nadar, necesitaba pararme a cada rato porque o meu corpo caíase cara abaixo. E nadando a crol, entroume auga por todos os lados. Non sei, non tiña tempo para respirar. "¿Estás ben?- Preguntoume o monitor. Non soubera que contestar. "¡Está cansa! ¿Verdade, Ana?"- Dixo un dos meus compañeiros. De feito, aínda non fixera o ridícolo bastante onte. Cando tíñamos que facer un exercicio (o último) a pé, tambaleábame. Non mantivera moi ben o euqilibrio.

Aínda por riba, a miña "amiga", cando nos vimos despois de natación, pediume que saíra diante (coma sempre) porque o único que lle importan son os tíos. ¡Xenial!

Sólo un e-mail Alegroume, por algúns minutos o día de onte...

jueves, 13 de noviembre de 2008

Italiano...

Qué parvada.

Onte, esperaba a Salomé diante da Escola Oficial de Idiomas para ir á piscina, coma sempre. Claro que, ás 21.30 é cando empeza a saír a xente que queda, péchanse as portas,e todo o mundo sale. Moitos dos mestres van polo aparcadoiro, pero algúns saen pola porta principal.

E así, ultimamente, cuádrame de ver o meu último mestre de italiano, Fabio, e a algúns compañeiros que van á última ora a italiano, despois de repetir (algúns por propia vontade). En esos momentos, a melancolía abórdame un pouco, e boto en falta os debates, os cotilleos, as horas pelexándome ca lingua e mosqueada porque a certas persoas non as soportaba, directamente.

Pero se me poño a pensar, a melancolía ven de atrás. Nos últimos anos botaba en falta o corso de 2º, no que me deu clase Jose, un mestre que nos vacilaba todo o que podía e máis. Claro, era a máis xove da clase, cos meus 18 aniños. Entón era da era "do iogur" e "de Pokémon". (non deu unha...) e eu, timidísima, non sabía qué dicir. Entón, Marco, un rapaz de Vasto-Marina (Abruzzo) que en esos tempos importábame bastante, dicíame:"digli che è un...." En fin, qué tempos. E sólo pasaron 3 anos diso.

martes, 21 de octubre de 2008

Desafío

Hoxe estou moi contenta. acabei de ler Domani ti perdono, de Alessandra Appiano, libro que volvín empezar (o lera pola metade) fai algúns días. O feito en si non é do de habelo lido, senón que o lin en tres días. Estou recuperando unha parte de min que cría que xa perdera entre os meus recordos da infancia pre-virtual, na que era unha devoradora de libros, e internet era unha idea banal que nin sequera pasoume pola cabeza. fun á biblioteca, así afasteime do mundanal ruído que inunda a miña casa, ata altas horas da madrugada, e que de pequena non me importaba, pero que agora túrbame bastante. fun á biblioteca máis próxima, co único obxectivo de ler.

Ata o curso pasado, tamén tiña un problema: Estaba en italiano co plan vello, polo tanto, debía ler tres libros impostos polo sagrado departamento de italiano. Isto quere dicir présa, desconcentración, e menos campo de elección. Agora teño un reto persoal, ler como unha tola como cando era unha nena á que lle daba igual todo o que lle pasaba ao resto do mundo, que camiñaba por mundos non descubertos e perdíase entre bosques en compañía da súa curmá, a que só vía a unha amiga o fin de semana en casa, e per quen un día na Coruña era un día no paraíso. Lendo descóbrense outros mundos, outras ideas, outros soños. que nin sequera pódense tocar ligeramente doutro xeito. Os libros eran os meus refuxios secretos, construían mu mundo, facíanme soñar. Quero que continúe sendo así.

jueves, 16 de octubre de 2008

Flashes e cámaras

Onte era un deses días diferentes ao resto. A profesora de chinés díxonos que os que puidésemos viñésemos a clase pola mañá. Púxonos un capítulo da serie que vemos sempre en chinés, que máis que unha serie educativa parece un culebrón :D. Sabiamos que ía vir a conselleira de educación. Eramos poucos, pois a maior parte da xente non pode acudir a clase pola mañá. Para min foi unha situación estraña. Primeiro entraron a directora e o xefe de estudos, os dous moi trajeados. Creo que se me fixo estraño ver ao xefe de estudos (ao que non vira desde o principio do curso ata onte) daquela guisa, tendo en conta que me deu clase fai algúns anos e que me tomaba sempre o pelo (toma sempre o pelo a todo o mundo...). Despois entraron unha 0a de xornalistas, e finalmente a conselleira. Fíxolleme absurdo estar rodeada de xornalistas, cámaras que gravaban e flashes que se disparaban cada dous por tres. A situación pon nervioso a un, a verdade. Agora xa entendo á xente que escapa de flashes e cámaras. Pero non estivo mal.

domingo, 12 de octubre de 2008

Casco Vello de Vigo

Si, é así. O Casco Vello leva moitos anos doente. Algunhas zonas están cheas de droga, insalubridade, e inseguridade. As vellas ruínas dan un testemuño de tristeza e dor. É desas zonas nas que é mellor non meterse se non se coñece. Un barrio que debería de ser un tesouro, ha despreocupado ás autoridades moito tempo e nel producíronse historias incribles (Como a caída dunha fachada dun edificio captada por cámaras...)Lixo. Ocupación. Desesperación.



Está claro que gracias a certos futbolistas e certas personalidades do concello chegamos á situación que chegamos. Paréceme incrible que o diñeiro poida comprar o futuro dunha cidade. Como colofón final, a construción dun centro comercial inútil desesperou a parte de Vigo desde o pasado ano, pois cobre parte dun mirador a ría.



O goberno local sempre se ha despreocupado, por non variar. Por sorte empeza a haber algún movemento. Segundo parece, se expropiarán as casas do Casco Vello que os propietarios non reparen, e mellorásense as condicións. Esperemos que sexa verdade.

O consorcio do Casco Vello tamén estaría investindo en mellóralas e rehabilitación da zona. Esperemos que todo mellore e que o Casco Vello non se caia a anacos. Moitos cidadáns queixáronse da reportaxe de Catro, pois consideran que afecta negativamente á recuperación. É verdade, todo iso tense que contar, pero quero aclarar á xente que non coñece Vigo que non todo o Casco Vello é así. Durante o mes de agosto fun ao pabellón deportivo do Berbés e non tiven que ir por zonas perigosas.

lunes, 6 de octubre de 2008

Espiral de indecisión

Mírome ó espello. Extrañada. Pensativa. E volta a empezar na escola de idiomas, volta a estudiar chinés e inglés. pero por primeira vez en cinco anos, non teño que volver a italiano. Resúltame estraño despois de cinco anos. Como moito podería ir as clases complementarias, pero, ¿Para qué me valdrían? Quero dicir, en internet xa estou ben entrenada. A roda que xira e xira. Como di unha canción wiccan:

Air moves us,
Fire transforms us,
Water shapes us,
Earth Heals Us.
And The Balance Of The Wheel Goes Round And Round.

E a roda xira. Un novo periodo na miña vida estase a abrir camiño. Os cambios achéganse mentras eu como chocolate como se non fora a protagonista, se non unha espectadora. En realidade non é así. Non hai espectadores, somos todos personaxes de esta novela extraña que é a nosa vida. E lémbrome, de cando ero unha xoven de 18 anos, ó segundo ano da escola de idiomas, do mestre que lle tomaba sempre o pelo porque dáballe vergoña falar en italiano. ¿E agora? ¿Agora qué? Xa chamáronme bauscia e mangianebbia. Quizais porque vivo Milán, aínda cando estou lonxe. Deixoume unha marca para sempre, como a velocidade dun metro que corre polos meus soños dentro de unha fraga de dúbidas. Onte pasoume algo completamente idiota. Durmínme cinco mintos e tiven un soño extraño:

Piola... fermata Piola.

Subida ó metro a toda velocidade. Equilibrios para non caer ata que consigo sentarme. E de novo:

Loreto... fermata Loreto.

Baixada e camiñata desorientada ata que atopo o camiño. ¿Atopeino? Non. Vou facer 22 anos (17 de outubro) e non sei todavía cál é o meu camiño. Espero atopalo antes de chegar a Abbiategrasso. Sería demasiado tarde.

E verei as caras sorprendidas dos meus mestres, ora ex mestres de italiano, mentres dou voltas nunha espiral de indecisión que manda máis cá mín, máis do que quixeran mandar os meus pais, máis do que podería perderme entre as notas dunha canción cun final feliz.

miércoles, 1 de octubre de 2008

OS Mc Donald's

Por desgracia, a compañía Mc Donald's segue sendo un éxito en todo o mundo, pois millóns de persoas cada día acuden aos seus restaurantes, nutrindo a unha empresa que vive do capitalismo e a costa da saúde de moitos seres humanos, que inocentemente, van aos seus restaurantes co incentivo económico.

A min personalmente, as hamburguesas do Mc Donald's non me gustan. De feito, eu adoito ir buscar hamburguesas ás cafeterías. O único que me gusta de alí son os xeados. De todos os xeitos propúxenme un reto:

Non vou volver a pisar un Mc Donald's na marxe dun ano (por agora).


O 16 de outubro, é o día Mundial Anti-McDonald's. É unha iniciativa que parte da Mc Donalds Workers' Resistance en Reino Unido, dende 1980. En moitos países os seus traballadores organizan unha folga para protestar polas condicións da comida e polas condicións nas que traballan eles mesmos. Por desgraza, aquí non é moi coñecida a iniciativa....

lunes, 29 de septiembre de 2008

Fin de semana en Fisterra (e non solo...)







O porto




Monumento ó emigrante





Ancora




Faro





Arte en cerámica






sonrisa de orella a orella




O peregrino






Langosteira








Sen comentarios...




Muros... Na foto non se aprecia e non nos paramos a facer fotos... pero podo decir que è PRECIOSA.







Noia... algo aburrida.. Aínda que nos acabamos zampando unha copa de helado.




¡En Boiro! Feliz, pensativa e reflexiva o mesmo tempo...

viernes, 26 de septiembre de 2008

Vigo-Milán

O aeroporto de Vigo está baraxando varias opcións para ampliar os seus voos, e dende Clickair poñen catro grandes opcións de conexión dende Peinador: Milán, Bruxelas, Frankfurt e, sobre todo, Londres.

Entón veume á mente unha idea:

¿Por que non creamos unha plataforma para apoiar a candidatura de Milán? :D

domingo, 21 de septiembre de 2008

Paraíso caótico

"Fuggi,cosa fuggi non c'è modo di scappare, ho la febbre ma ti porto fuori a bere,
non è niente stai tranquilla è solo il cuore, porta Ticinese piove ma c'è il sole,
quando il dandy muore fuore nasce un fiore, le ragazze fan la fila per vedere
la sua tomba con su scritte le parole: "io vi amo, vi amo ma vi odio però, vi amo tutti,è bello è brutto io non lo so...io vi amo,vi amo ma vi odio però,vi amo tutti
è bello è brutto è solo questo"

Creo que estas frases dunha canción de Baustelle poderían definir o que sento por Milán. Esta vez non deixei moitos cabos soltos, por sorte. Cheguei soa, collín o autobús desde Bérgamo ata Milán, e xa alí dirixinme ata a Stazione Centrale para chegar a Piazzale Loreto. Xa no metro houberon uns carteis que me chamaron moito a atención....



Ou sexa, que o milanés é inglés macarrónico segundo estes publicistas. En fin. Sen comentarios. A unha persoa con coñecementos do dialecto lle mosquea un pouco a cousa :D

A xente foi bastante amable e non me custou moito atopar o hotel. Unha señora díxome que parecía italiana. Chegada ao hotel, empecei a mandar sms a todo o mundo. ¡Xa chegara!

Á primeira persoa que vin foi a Marco. Foi algo estraño, non sé. Tomámosnos un campari con spritz. Nunca o tomou e a verdade é que sobe moito e rápido, así que hai que controlarse moito. Despois necesitei descansar un ratillo, e pola tarde-noite quedei con Maurix, que curiosamente vive en Cassano sull?Adda, en Bérgamo, así que estiven outra vez alí. Ensinoume sitios moi bonitos, estivemos tomando un xeado alí. O tío da heladería entrou en shock cando se deu conta de que falaba o milanés. Maurix e eu acabamos tocando xuntos na súa casa. Regaloume unha chea de cds.

O segundo día collín un bus ata Milán e xa me metín nunha lea, porque, como era de esperar, esquecéulleme timbrar o billete e non levaba o carnet de identidade encima (esquecéramo en Milán) pero por esta vez deixáronme estar. Este día me desorienté bastante e sentinme algo ansiosa, pero por sorte, unha chamada a un amigo, unhas cantas persoas que me indicasen máis ou menos o camiño e o problema estaba resolto. Arranxeime e saín, foi absurdo porque oía por todas partes silbidos, piropos e pitidos cos claxones. Non é algo que me pase todos os días, e menos en Vigo. Me ví con Andrea Pinketts, aínda que despois viño un amigo seu. A verdade que foi bastante simpático, mágoa que non tiña moito tempo. O amigo estaba sorprendido, porque falaba rápido e eu decatábame de todo.



Pola noite, quedei con Andrea L, e falamos en milanés, estsabamos moi contentos de vernos. Á volta ao hotel fixeime que era verdade o que me dixeron: puxeran aos militares a vixiar a cidade. Un latinoamericano estívome tocando os narices porque quería quedar comigo. Evidentemente, pasei de todo.


Ao tercer día, repetiuse a retahila de piropos e silbidos. Compro un par de cousas nun supermercado, non tiña ganas de romperme a cabeza buscando un restaurante e os prezos, e o día anterior xa localizara un supermercado. Paso por diante dun colexio cheo de nenos. Finalmente falo con Matteo B, e quedamos en Piola, vou ata a súa casa e falamos un intre, tamén saúdo á nai que xa a coñecía. Sorprendeume porque dixo que estaba estudiando español, e realmente era boa.




Esa noite vénme a buscar Andrea L cuns amigos, fómosnos a cear e a falar no Stardust, que a verdade é que é unha especie de restaurante de autoservicio-buffet libre deses que están xeniais e que en Vigo por desgracia non hai. Foi bastante absurdo o feito de que cando ibamos no coche, tiñamos a canción de umbrella de fondo, e Andrea empezou a cantar unha especie de versión á milanesa. No canto de ?under my umbrella?, acabamos cantando ?Cata o seu l?ombrell-a? (sen comentarios...!)

O cuarto día, deixo o primeiro hotel no que estiven. Compro comprimidas (unha urxencia absurda coa que non contaba) e dou voltas ata que me vén a buscar Paolo. Atopámosnos finalmente na estación de Lambrate. Na súa casa, os pais recibíronme moi contentos, o pai lanzouse rapido a falar en dialecto (non mo esperaba!) Comemos, vimos algo de i legnanesi, ata que Paolo, Gianluca e eu fómosnos ao concerto dos Gamba de Legn a Mesero. Cheguei e enseguida presentámosnos, a verdade é que o grupo foi moi simpático. Estaba na mesa na que estaban os seus coñecidos, alí estaba, cantando e case bailando entre a xente. Querian subirme a cantar pero milagrosamente libreime. Pero non me librei de cantarlles despois a eles un anaco da Madonnina :D. Houberon moitas bromas, risas, coñecín a xente... Iso si, despois ía cargada de agasallos, ja, ja, ja. Durmín en casa de Paolo, en Barlassina. Segundo parece Ste recoñeceume. Aínda que non me dixo nada estando alí.





Ao día seguinte funme con Paolo a Como. Por desgraza, o tempo non era moi bo. De feito choveu bastante, o lago inundouse. Malia todo comemos en Como, pero pola tarde quedámosnos en Barlassina.





Pola noite con todo, fómosnos ao Alcatraz e eu paseimo ben, aínda que tenia os pés doloridos desde facía un par de días e alguén me pegou un pisotón que me matou directamente. Debo dicir que cada pista era case como un campo de fútbol e que haberían unhas 500 persoas en cada unha... E non había ningunha pelexa nin nada. Iso si, habían seguratas dentro, quizais esa é unha deficiencia que hai en moitos locais aquí en Vigo. Chegamos a casa de Paolo ás catro da mañá.








O domingo estivemos dando voltas por Milán cidade. Fómosnos ao Castello Sforzesco, que é precioso. Tamén demos unha volta por un Naviglio, a verdade que me quedei moi sorprendida véndoo. Démosnos unha volta pola Piazza do Duomo, e finalmente percorrémosnos Vittorio Emanuele para acabar comendo nunha pizzeria en Lambrate. Xa que tiña os pés superdoloridos, recolleunos Gianluca en Lambrate.








Esa noite foi a última en casa de Paolo, o pai fíxome uns agasallos, unhas tallas en madeira preciosas... O luns pola mañá, Paolo deixábame en Lambrate e eu perdíame. Me desorienté moito, cheguei ata Piazza Arxentina e chamei a Andrea, que intentou guiarme pero ao final non valeu de nada. Acabei preguntando á xente e foi moito máis fácil. Deixei as cousas no hotel. Xa estaba no metro prácticamente cando me chamou Laura DM.Así que quedei con ela e levoume a unha zona pola que adoitan saír os universitarios. Tomámosnos algo e estivemos falando. Fíxome graza que me contou que a nai ten moitas ganas de ir a Santiago. Cando nos tivemos que despedir (estaba algo leada coa tese da universidade)



Dí unha volta e compreime un anaco de pizza nunha panadería. Vou ao supermercado, compro unha cosilla, déixanme tres persoas pasar diante na cola (creo que a miña record estaba en dúas) e voume ao hotel. Ese día tamén consigo falar con Matteo C, que me di que me levará ao aeroporto.

E chegamos ao oitavo día. Doume voltas, por Sant'Ambrogio, polo Duomo, descanso un intre no hotel, e quedo con Laura B, no parque Sempione (que é onde está o Castello Sforzesco) Aproveito despois para comprar algúns agasallos para casa. Fíxome moita graza que cando baixei ao metro oín falar a un señor maior que traballaba alí en milanés. Falei con Pinketts por teléfono, e despois veu a xunto miña Andrea L, a facerme algo de compañía.. jajaja.



No meu último día, perdinme na zona do Castello. Estaba cansada, asi que comprei galletas e auga nun super.







Volvín ao hotel, tombeime un intre, e conseguín quedar con Ul Mik e outro mozo dos Longobardeath pola noite na piazza do Duomo. Tomámosnos algo, e eles tamén me regalaron cousas (un cd, unha camiseta e unha chapa). Paseino ben.






Cando volvín ao hotel, vinme negra. Vinme negra para facer a maleta porque tiña demasiadas cousas, e me ví negra porque non atopaba o carnet de identidade (que por non variar, estaba no sitio máis estúpido no que podería estar) Falo con Matteo C e díxome que descansase un intre, e que me daría unha perdida cando estivese chegando para irme a buscar. Cando me deu a perdida baixei, aínda o esperei un intre. De feito, pasou a policía e preguntoume se ía todo ben. Eu díxenlles que si, que só estaba esperando a un amigo e fóronse. Cando chegou Matteo, o tamén me tenia un agasallo, un peluchito moi chulo. Deume pena porque non puideramos estar xuntos antes e porque veu só para levarme ao aeroporto. De feito tíñase que levantar ao día seguinte, así que me deixou no aeroporto e xa nos despedimos. Total, que volta empezar. Entrar no aeroporto, entregar a folla, coller o billete, facturar a equipaxe, e buscar a porta. Unhas tres horas de avión e estaba en Ou Porto. Viñéronme a buscar os meus pais, e a verdade que recuperara algo de soño no avión, así que non me fun a durmir no momento, tiña ?demasiado que facer? ja, ja, ja!

Estou contenta, pero non me quería ir. A ver se para a próxima quédome a traballar ou algo así unha tempada... Xa sé o que me toca.
 
Contrato Coloriuris