A min personalmente, as hamburguesas do Mc Donald's non me gustan. De feito, eu adoito ir buscar hamburguesas ás cafeterías. O único que me gusta de alí son os xeados. De todos os xeitos propúxenme un reto:
Non vou volver a pisar un Mc Donald's na marxe dun ano (por agora).

O 16 de outubro, é o día Mundial Anti-McDonald's. É unha iniciativa que parte da Mc Donalds Workers' Resistance en Reino Unido, dende 1980. En moitos países os seus traballadores organizan unha folga para protestar polas condicións da comida e polas condicións nas que traballan eles mesmos. Por desgraza, aquí non é moi coñecida a iniciativa....
2 comentarios:
Eu nunca pisei un Mc Donald... nin falta que fai... Sorte nos teus propósitos e, sobre todo, parabéns polo teu blogue.
Gracias... Avísame cando escribas no teu blogue e fágote unha visitiña :D
Publicar un comentario