Está claro que gracias a certos futbolistas e certas personalidades do concello chegamos á situación que chegamos. Paréceme incrible que o diñeiro poida comprar o futuro dunha cidade. Como colofón final, a construción dun centro comercial inútil desesperou a parte de Vigo desde o pasado ano, pois cobre parte dun mirador a ría.

O goberno local sempre se ha despreocupado, por non variar. Por sorte empeza a haber algún movemento. Segundo parece, se expropiarán as casas do Casco Vello que os propietarios non reparen, e mellorásense as condicións. Esperemos que sexa verdade.
O consorcio do Casco Vello tamén estaría investindo en mellóralas e rehabilitación da zona. Esperemos que todo mellore e que o Casco Vello non se caia a anacos. Moitos cidadáns queixáronse da reportaxe de Catro, pois consideran que afecta negativamente á recuperación. É verdade, todo iso tense que contar, pero quero aclarar á xente que non coñece Vigo que non todo o Casco Vello é así. Durante o mes de agosto fun ao pabellón deportivo do Berbés e non tiven que ir por zonas perigosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario