lunes, 6 de octubre de 2008

Espiral de indecisión

Mírome ó espello. Extrañada. Pensativa. E volta a empezar na escola de idiomas, volta a estudiar chinés e inglés. pero por primeira vez en cinco anos, non teño que volver a italiano. Resúltame estraño despois de cinco anos. Como moito podería ir as clases complementarias, pero, ¿Para qué me valdrían? Quero dicir, en internet xa estou ben entrenada. A roda que xira e xira. Como di unha canción wiccan:

Air moves us,
Fire transforms us,
Water shapes us,
Earth Heals Us.
And The Balance Of The Wheel Goes Round And Round.

E a roda xira. Un novo periodo na miña vida estase a abrir camiño. Os cambios achéganse mentras eu como chocolate como se non fora a protagonista, se non unha espectadora. En realidade non é así. Non hai espectadores, somos todos personaxes de esta novela extraña que é a nosa vida. E lémbrome, de cando ero unha xoven de 18 anos, ó segundo ano da escola de idiomas, do mestre que lle tomaba sempre o pelo porque dáballe vergoña falar en italiano. ¿E agora? ¿Agora qué? Xa chamáronme bauscia e mangianebbia. Quizais porque vivo Milán, aínda cando estou lonxe. Deixoume unha marca para sempre, como a velocidade dun metro que corre polos meus soños dentro de unha fraga de dúbidas. Onte pasoume algo completamente idiota. Durmínme cinco mintos e tiven un soño extraño:

Piola... fermata Piola.

Subida ó metro a toda velocidade. Equilibrios para non caer ata que consigo sentarme. E de novo:

Loreto... fermata Loreto.

Baixada e camiñata desorientada ata que atopo o camiño. ¿Atopeino? Non. Vou facer 22 anos (17 de outubro) e non sei todavía cál é o meu camiño. Espero atopalo antes de chegar a Abbiategrasso. Sería demasiado tarde.

E verei as caras sorprendidas dos meus mestres, ora ex mestres de italiano, mentres dou voltas nunha espiral de indecisión que manda máis cá mín, máis do que quixeran mandar os meus pais, máis do que podería perderme entre as notas dunha canción cun final feliz.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris