lunes, 20 de junio de 2011

Nun Vitrasa...





Sae o sol, un novo día para poder ir á praia. Diríxome cara a marquesiña, a poucos metros da miña casa. Síntome có corazón nun puño, e espéroche. 5 eternos minutos. Descolgo a miña mochila dos ombreiros, mentres se anuda a miña gorxa.  A angustia enturba os meus ollos húmidos agochados tras os lentes de sol. Quizais sería mellor non esperarche e botarme a andar. Non sei. Estou nerviosa. E é que, non o sabes, pero o meu maior segredo é que che observo cada vez que pasas preto de mín. As veces con sorpresa, outras cun sorriso. E en ocasións con unha profonda melancolía, como cando che vexo despois de moito tempo.

Gustaríame abrazarche. Pero non podo. Non debo. ¿Por qué? Non sei. Non podo expresar as miñas emocións con verbas cando vexo o teu corpo robusto mentres te achegas á parada. Só sei que che miro, con curiosidade e intriga. As veces adivínote dende a miña xanela. Outras, paséome a propósito para cruzarme contigo. Quén sabe o que se che pasaría pola cabeza se adiviñaras o meu pensamento. Se non o adiviñaches xa.

Falta un minuto. Volto a recoller a mochila, e observo expectante, á espera da túa chegada.Sí, aí ves,podo mesmo adiviñar a túa mirada penetrante dentro da coraza verde. Ábrense as portas. Entro, saúdo, sonrío. Pero non te conto o meu segredo. Só busco un sitio onde colocarme... e seguir curioseando. Porque espíote cada vez que pasas pola miña casa, Vitrasa.
 
Contrato Coloriuris