lunes, 30 de junio de 2008

Milagre...


Calquera durmía onte cos berros e pitidos de coches... :D

jueves, 26 de junio de 2008

Samil




Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo!
e ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado!
e ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro!
e ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado
por que ei gram cuidado!
e ai Deus, se verrá cedo!



Abro este post cunha cantiga de amigo, importantísimas na cultura galega, para reflectir a importancia que o mar ten para nós. E é que onte fun por segunda vez á praia de Samil este ano. É curioso, é unha praia que, no fondo, non é significativa para min: Os meus pais sempre me levaban a Patos, e a miña avóa, á praia América. Con todo, é a que está mellor comunicada.




Facía moito calor, de feito queimeime. Cando cheguei á praia, puiden camiñar plácidamente polas augas do océano Atlántico. Sen pensar en nada. Creo que é unha das cousas que botaría de menos se algún día fóseme a Milán. En realidade, botaríao de menos fose a donde fóra, pois O océano Atlántico, nas cousas de Galicia, diría que é único.


Ía entrando máis e máis dentro do auga. Lémbrome de algo que pasou fai tempo. Un dos meus tíos tiña unha noiva cubana, e a primeira vez que foi a unha praia de Galicia, a miña curmá e eu fomos con eles. Nós dúas, corremos cara ao auga como tolas, e ela foi detrás... Claro que cando entrou dentro tremeu de frío...


Onte mentres merendaba, unha gaviota levouse parte do meu bocadillo... Estas cousas antes tampouco pasaban, desde logo, van cos tempos...

O mar foi moi importante tamén na cultura e brujería galegas. ¿oístes falar do ritual das nove olas? É para mozas que se queiran quedar embarazadas, e consistía en entrar no auga en lúa chea, e deixarse golpear por nove olas.

Onte pasei moito tempo na praia, é o motivo polo que me queimei, e tamén o motivo polo que despois faltábame o tempo...

martes, 24 de junio de 2008

lunes, 23 de junio de 2008

Xa o sei, debuxo mal...

atopei unha cousa curiosa...

O "mini-plano" que debuxei cando estaba nun hotel os últimos días en Milán.. logo de perderme!



Para quen non se faga unha idea: O círculo do medio é Piazza Piola.

domingo, 22 de junio de 2008

Dilema

Hoxe (Se non recordo mal) temos o partido España-Italia.

Non adoita importarme moito o fútbol, pero cando hai algo grande (Se non fago nada máis interesante) ás veces véxoo.

O caso é que neste caso, teño o corazón dividido: Se, obviamente, son española, nacín aquí en Vigo... e iso. (Se apoiase a ITalia creo que me matarían)

Pero se non apoio a Italia mátanme igual: agora que xa son para case todos unha "milanesa en adopción" (teño varios tíos e unha irmá postizos) hai quen me di: "Pois ti es unha italiana adoptada, así que tes que apoiar a Italia!"

Pois andamos ben....

E se teño que guiarme por "tíos bos" pois tampouco... hai tíos bos nas dúas seleccións, jajaja.

sábado, 21 de junio de 2008

Universiada 2013




E Vigo vaise á merda.

Como sempre.

¿Por que ninguén está interesado en dar publicidade á cidade? ¿E en arranxala un pouco?

martes, 17 de junio de 2008

¿Membra?

Ridículo o de Bibiana Aído.

Se es unha ignorante non o uses despois como unha escusa de "igualdade". ¡Os políticos non tendes dereito a cambiar o dicionario! Non vos compete.

lunes, 16 de junio de 2008

Operación canguro

¿Vistedes esta escalofriante reportaxe? (Emitida en Telecinco fai algunhas semanas)

Nela explícanse as diferencias entre pedofilia e pederastia, e investígase a un mozo pedófilo, ademais de outras persoas que pagan ós mozos por diñeiro, e etc.

Dende logo, é asqueroso... Esa xente está enferma... Non se pode xogar coa inocencia dun neno, que non desenvolveu nin o seu corpo físicamente, nin é consciente do que lle están facendo... é horrible! O peor é que hai páxinas webs nas que se chaman a si mesmos "Boy lovers" e ata aseguran que a pederastia é unha "opción sexual" tan válida como a homosexualidad ou a bisexualidad. Non é o mesmo: En casos de homosexualidade ou bisexualidade, non hai nin coacción e as dúas partes saben ben o que fan. ¡Despreciable!

domingo, 15 de junio de 2008

Madrid: Á terceira vai a vencida

Estou contenta, porque esta vez, a miña terceira vez en Madrid, foi distinta, malia as horas durmindo no coche...

Paseino moi ben. Marcheime con Adrián e Salomé, e logo de moitas horas e moitas paradas en estacións de servizo (Saír de Galicia cruzar por Ourense e atravesar Castilla e León ten a súa tela...) chegamos a Madrid. Fómosnos á estación de Atocha. Despois estivemos dando voltas, especialmente pola Gran Vía, xa que eu tiña que comprar un vestido para a voda de Marta, nun par de meses. Collimos un autobús porque Salomé tiña que facer un exámen na Universidade Europea de Madrid, así que Adrián e eu tomámosnos algo ata que saíu. Chámame a atención que os autobuses interprovinciales lévanos a administración pública en Madrid, en Vigo os autobuses non teñen nada que ver coa administración, almenos ata onde eu sei.

Cando Salomé saíu, fómos comer a un restaurante vegetariano, (Fres.Co ) que dende o meu punto de vista, é un paraíso! En plan autoservicio e buffet libre, ou sexa, que tomas o que che dá a gana e na cantidade que che de a gana. ¡É unha gozada! Jooo que poñan un así en Vigo!

Creo que está de máis dicir que tamén fixemos un par de paradillas no Starbucks... outro luxazo que aquí non temos.. (grrr!)

Outra cousa curiosa é que Madrid estaba chea de italianos. Quizais por iso, e por botar unha man a Salomé (acabou 2º) estivemos falando en italiano bastante tempo. Aínda encima, eu ca miña muñequera de Italia, toda chula,ja,ja,ja.

Para min tamén foi un pequeno pracer volver coller o metro. Encántame ir en metro, e é unha desas cousas que levaba un ano sen facer. Encántame baixar, sentir toda esa bocanada de aire mentres non se detén, e abalanzarme cara á porta. Iso si, falando de italianos, unha das veces que ía entrar no metro, un señor traxeado ao que xa ouvíramos falar por teléfono en italiano, fíxome unha pregunta e respondeulla prácticamente só (menos mal, porque eu Madrid non a coñezo...) O caso é que cando entramos no metro aí estaba, e Salomé estaba preguntándome dúbidas de italiano... eu explicándolle, tamén lle fixen algún comentario sobre a lingua milanesa (non podía faltar) E o señor seica nos estaba mirando con curiosidade, eu estaba intentando conterme as ganas de rir...

De noite fomos a tomar algo cun amigo de Adrián, total, que el e Salomé estaban falando do exame e de cousas relaccionadas con ese tema. Eu estaba medio durmida, pechábanseme os ollos... E bueno, xa cando nos despedimos, intentei durmir un pouco. Pero as cousas non saíron ben do todo: Adrián nunha estación de servizo pasouse un pouco co que tomou, e non estaba en boas condicións para conducir. Polo tanto, tivemos que pararnos nunha estación de Castilla e León, e ó final tivemos que quedar a durmir no hostal que tiñan alí. Pola mañá, xa todos estabamos mellor, e logo de almorzar algo, continuamos co camiño de volta, a tumbos e con moitas paradas. A Vigo chegamos sobre as 16.00. Aprendín que a autopista a seguir é a A52 e que é mellor estar atento se non queres andar a tumbos....

domingo, 8 de junio de 2008

Vigo en verán...

¿Alguén ten ideas de cousas que facer este verán? ¿E de actividades para facer en Vigo? ¿Qué faredes vós este verán?

sábado, 7 de junio de 2008

¡Notas!

Estou contenta.

Aprobei todo. Iso quere dicir dúas cousas: Que poderei pasar un verán tranquilo e podereime organizar para o meu retorno... O caso é que aínda non sé que vou facer da miña vida (Especialmente porque hai certas informacións que non sé onde atopalas)

miércoles, 4 de junio de 2008

¿Un novo capítulo?

Quizais sí.

Quizais debería pechar un capítulo da miña vida.

Quizais A Viga deba morir. E volverei a ser Anahí. Entón a profecía do budista cumpriríase.

martes, 3 de junio de 2008

Sexo e frivolidade

Se devo ser sincera, non o entendo.

Non entendo á xente que vai a "botar un polvo" simplemente porque si, para desafogarse, ou para afogar as súas frustracións cotiás. É completamente ridículo. Pero para moita xente o sexo é iso: Un desafogo. Unha descarga de enerxía.

Non entendo á xente que di "Hala, xa me tirei a outra" e quédase tan feliz. O sexo non é iso. O sexo é unha unión, desde o meu punto de vista, sagrada. Non hai maior concepto de unión no mundo físico. A frivolización probablemente débese a moitos factores, entre eles, algúns medios de comunicación e a sociedade mesma, que mira ao sexo como un elemento de manipulación.

Por outra banda, creo que unha muller que non mira moitísimo con quen se vai, é unha incosciente. É llamativamente perigoso irse con calquera por sexo. Tamén deberían de responsabilizarse os homes, pero xa sabemos que iso en moitos casos non ocorre.

¿Por que se frivoliza tanto cun tema que conlleva tantas responsabilidades?

lunes, 2 de junio de 2008

Televisión privada... che xoven es...

Faime gracia pensar que cando eu nacín só existían tres canles de televisión: A televisión pública (A Primeira abriu en 1956, e a 2 en 1965) e a televisión rexional, a TVG, que comezou as súas emisións no 1985.

En 1990, (en resumo, cando eu tiña 3 ou catro anos) sácanse a concurso tres licencias de televisión. Finalmente, as gañadoras foron Canal +, Antena 3 e Telecinco.

Antena 3 foi a primeira,pois as súas emisións regulares comezaron o 25 de xaneiro de 1990, sendo a primeira canle privada en emitir para toda España. Forma parte do Grupo Antena 3 xunto ás empresas Onda Cero, Europa FM, Movierecord, Atres Advertising e A3Multimedia, así como a empresa Unipublic. Así se presentaba Antena3...



Canal + tivo unha concesión especial, pois tiña que emitir obligatoriamente 6 horas en aberto, pero se lle admitiu transmitir o resto da programación en emisións codificadas. Empezou o 8 de xuño de 1990 as súas emisións en probas, e o 14 de setembro, as súas emisións regulares. ¿Quen non se lembra da sintonía de Canal + , por certo??)



deixei para o final a Telecinco, porque nunca mellor dito, Aquí hai tomate. Telecinco foi a segunda en emitir, o 3 de marzo de 1990, como non, con case todo o persoal italiano, e cun gran espectáculo, baseada no formato televisivo de Canale 5.



Hai dous datos curiosos que cabería destacar. En primeiro lugar, as homónimas alemá e francesa de Canale 5 non correron a mesma sorte que Telecinco. Telefünf abriu en 1988 e pechou en 1992. Finalmente, en 2002, o grupo Tele München Gruppe volveuna a abrir. Non me quedan moi claros os motivos polos cales producíronse estes cambios, posto que a maior parte da información está en alemán... E non entendo nada.

A Cinq, en cambio, non correu moi boa sorte. Naceu no 1986 e morreu no 1992, en directo, pois aínda que parte da programación tiña unha boa cota de espectadores, a canle rexistraba perdas e finalmente, declarouse en creba técnica. A débeda era dun millón de francos, polo tanto, deixárona morrer o 12 de abril de 1992.



Un último dato curioso sobre Telecinco, a canle española, que segue viva e que de feito, é prácticamente a que colleita máis éxitos dende fai un par de anos. En 1989, Fininvest tiña o 25% da cadea, e con todo, dende a súa saída na bolsa no 2004 Mediaset Investimenti posúe un escalofriante porcentaxe dos beneficios desta canle: ¡¡¡50,13%!!! (Sen comentarios, non??)

Hoxe en día, a televisión crece imparable. En 2005 naceu Cuatro, e en 2006, a Sexta. Suscítame unha pregunta: ¿Erabamos máis felices cando habían só tres canles de televisión, no canto das cheas de canles que se poden obter agora a través das plataformas dixitais?
 
Contrato Coloriuris