Mostrando entradas con la etiqueta amigos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amigos. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de enero de 2009

Mini-desfogo

Estado: Triste, pesimista
Canción: Caparezza: Un vero uomo dovrebbe lavare i piatti


Sólo dúas cousas: Esto mal e todo é unha merda.

martes, 5 de agosto de 2008

Fin de semana en Lugo

Este fin de semana foi un pouco particular. Coa escusa de coñecernos, Roy (un amigo asturiano ao que ata o momento non vira en persoa) invitoume a ir a Lugo, xa que resumindo, un grupo de amigos no que está adoitan quedar así cando poden. Foi en plan "Non te preocupes que che invito". Total, que dous amigos de aquí de Gondomar colléronme na estación de tren. E empezou unha viaxe dunhas tres horas de coche.

Eramos unhas once persoas de cháchara (das once persoas, oito eran mozos, e oito das 11 persoas eramos tamén galegas!) Fixéronse unhas brasas e con tanto entretenimiento apagáronse varias veces, así que comemos máis ou menos ás seis da tarde, ja, ja, ja. Despois nada, houberon ata algunhas sobremesas (Estoume acordando das galletas de chocolate que trouxo Roy e a verdade que se me está volvendo facer a boca auga... Ai!!!!) Bebemos un pouco (almenos eu bebín pouco, adoito intentar controlarme e máis en certas situacións) e nada, á cama. Confeso que ás nove ou dez da mañá xa tiña abertos os ollos, fomos espertando, baixando, Roy e eu fómosnos a almorzar a unha pastelería, dimos unha volta e volvimos (non sen antes perdernos un pouco) e á hora de comer fumos todos a un chinés. Creo que nos marchamos de Lugo sobre as cinco, pero en fin, eu o único que sei é que estaba rebentada...

miércoles, 4 de junio de 2008

¿Un novo capítulo?

Quizais sí.

Quizais debería pechar un capítulo da miña vida.

Quizais A Viga deba morir. E volverei a ser Anahí. Entón a profecía do budista cumpriríase.

sábado, 1 de diciembre de 2007

Enferma

Hoxe non è un dos meus mellores días.

Enferma. Non estou ben, teño dor de gorxa e ollos. Onte tiña tamén dor de barriga e cabeza. Non teño febre, pero de todos modos, son un virus con pés.

Fastídiame moito. ¿Por qué hoxe? ¡Isto quere dicir que non irei a teatro en dúas semanas! A semana que vén podrei saludar, como moito.... Hoxe non podo saír. De todos modos, teño o ordenador para falar e escribir, teño libros para ler, e teño cartas par responder. Algo podo facer.

sábado, 24 de noviembre de 2007

Feliz... pero pensativa

Penso.

Faltan 13 días. 13 días de espera. Solo 13. Dentro de 13 días podrei entender por fin que é o que me quenta ó corazón, me abraza a mente e fai que conte todos os momentos nos que respiro.

Pensara que despois da miña viaxe a Milán, o máis ben, viaxe á confusión mental que a gran metrópolis xa decidera sobre o meu propio corazón, non habería solución. Que xa era unha alma sen destino, que vagaba polo mundo pensando que él non esistía. En cambio existe. Existe e parece que me queira.

De feito, apareceu o meu home ideal. Non se sabe aínda que pasará. Aínda faltan dúas semanas. Hoxe é tamén un día de confusión, de todas formas. Unha mensaxe de "felicitacións" enviado do meu móbil faime lembrar aquel momento. O momento no que a "Viga" chegaba á gran metrópolis e rodeábase de algúns amigos un pouco tolos. Unha mesaxe con resposta que me fai lembrar. Faime lembrar que eles tamén están alí, e que, no fondo, non esqueceron a esta amiga un pouco tola.

lunes, 17 de septiembre de 2007

Curioso...

Coñecín a un rapaz por internet de aqueles que pensaba que non quedaban. Estou mal e me escribe unha poesia para animarme. Escríbolle eu unha, porque sí, porque me saíu, e va e escribe outra como agradecemento..Moi legado á cultura, se ve que sempre ten algo co que sorprenderme... E aínda por riba tamén co gusto musical acertou bastante. Simpatico, doce, o suficientemente maduro... e aprecia as terras celtas...

Claro que... tiña que ter algun defecto..

¡Está lonxe!

¡Non é xustoooooo!

domingo, 24 de junio de 2007

Uff!

Ola a todos :)

Hoxe estou cansa. E que onte saín de marcha. Ata as 6.30 da mañán por aí con Vanessa e outra xente. Bebín algo, sí, unha caipiroska ó amorodo. Despois saímos por aí, fomos a tres discotecas diferentes e todas estaban cheas ata os topes.

Primeiro esperei por Vane en un sitio onde quedaramos. Pero non chegaba. E comecei a ver certas mensaxes de certa persoa cando estiven en Italia e víñome algo de melancolía. Caéuseme a bágoa ó lembrar o ben que o pasei en Milán (sen comentarios) e o recordar esa persoíña.

Fomos por aí de discotecas. Fomos a tres. O peor é que todas as discotecas eran cheas de xente. ¿Cómo é posible? ¿En Vigo? ¿En xuño? ¿Ninguén colle vacacións en esta cidade?

Paséino ben, aunque rematei agotada. Facía tempo que non saía de noite!

E nada, fai un momento probei a carga-la tarxeta italiana, que a tiña xa baixo mínimos... ¡E fun capaz! Estou contenta. Convénme usala, je, je, je. Lo pasé bien, aunque acabé agotada. ¡Ya hacía tiempo que no salía de noche!

domingo, 4 de febrero de 2007

Vaia noiteciña

Ola a todos:

Aquí estou despois de unha noite "de festa" (de merda, como de costume) A primeira cosa que púxome de mala ostia è che viu a Begoña (pero bueno, peor para ela, eu se fora ela non volvía a saír con nós na miña vida)

A verdad, é que esta noite foi chunga. Primeiro fumos ó Arenal X, que estaba cheo, nos fixeron pagar e non nos deixaron pasar, ó final tivemos que chamar á policía (a mín non me cobraron, así que me mantiven ó marxe). Viñeron creo que cinco policías locais e dous nacionais. A verdade é que os nacionais non fixeron falta, porque cando veron que chamáramos de verdade devolveron a pasta (o parte de esta, porque algunhas das entradas as tiraran)

Despois acabamos no mao-mao. Non tiña ganas de beber, pero tiven que facelo porque se non bebes non podes saír... Total, que pedín un licor 43 con cacaolat. (Se pido cerveza morro do noxo) e nada, alí estivemos toda á noite. Cheguei a casa as 6... e caéume bronca da miña nai por chegar ás 6, cando moitas veces cheguei ás 7, e tamén as 9 da mañá e non me dixo nada...
 
Contrato Coloriuris