lunes, 26 de enero de 2009

¿Sen internet?

Estado de ánimo: mosqueada
Canción: Amaral- El final

Vaia tela. É posible que quede sen internet uns días. Prrrrr.....

lunes, 19 de enero de 2009

E comeza o ciclo de cine de italiano...

Estado: tranquila
Canción: Modena City Ramblers: I cento passi

Creo que foi como volver formar parte de aquelas alumnas de italiano. Unha sensación extraña inundóume hoxe, cando entrei na Aula Magna, disposta a ver a primeira película do cicle de cine de italiano (películas de mafia, camorra, etc). Éste é o modo do departamento de manifestar o rexeitamento dos meus ex-mestres de italiano cara as asociacións mafiosas. Sí, o feito de estudiar aínda na escola de idiomas, ten a vantaxe de que podo asistir a algunhas actividades de italiano sen problemas.

Todo empezou con unha introducción de un mestre, que prácticamente evitei ver á cara... Falou un pouco, creo que o máis importante do que dixo é que estas películas, elexidas polo departamento, contan historias verdadeiras, e non americanadas come o padriño. Despois de algúns minutos de distracción, conseguín concentrarme na película, os cén pasos, que conta a historia de Peppino Impastato. Conmovedora.

Por un par de horas sentínme extraña, como se nada cambiara dende ó ano pasado. Non pertenzo xa a esas clases, sei defenderme ben cá lingua italiana. Hai quen dín (como un ex mestre da ESO hoxe) que debería de buscar traballo de traductora. ¡Ojalá fora así de fácil!

martes, 13 de enero de 2009

Sen sella-lo paro

Estado: aturdida e nerviosa
Canción: Vomitiors- Nervos

O meu non ten nome.

Quedei dormida e non pude sellar ó paro. Sei que sonou o despertador e o parei. Tamén tiven unha serie de pequeños soños extraños, sei que soñei cá enfermeira (teño que ir facer o meu historial médico) que soñei con un dos meus ex-mestres de italiano, soñei có ex-monitori de natación (onte nos cambiaron de monitor) En fin. Unha mezcla estrana, pero ten sentido. O caso é que estou mosqueada porque non puden ir sellar ó paro, (claro, sólo se pode facer ata as 11...) E mañán terei que facer outra tarxetiña...Dánme ganas de mandalo a....

domingo, 11 de enero de 2009

Mini-desfogo

Estado: Triste, pesimista
Canción: Caparezza: Un vero uomo dovrebbe lavare i piatti


Sólo dúas cousas: Esto mal e todo é unha merda.

lunes, 5 de enero de 2009

Policía secreta

Estado: asustada
Canción: Morodo: Los carros de Babylon

Hoxe tiven un deses soños que non teñen pés nin cabeza. Un soño angustioso e realmente absurdo. Resulta que estaba na rúa, e ven un grupo (4 tíos e unha tía) e sóltanme:

- Policía secreta. ¿É vostede Anahí Palacín Martínez?
- Sí.
- Pois ten que colaborar connosco nunha misión.
-¿Qué misión? ¿Cánto vai durar?
- 2 meses e medio.
- De ningunha maneira. Eu non podo faltar dous meses e medio a clase.- Intento escapar, agárranme-. Se non queres colaborar, vámoste ter que detener.
- ¿Podo avisar ós meus pais?
- Non.
- Teño que avisar ós meus pais.
- De ningunha maneira.

Leváronme casi a rastras, contra a miña vontade. Eu que non quería e eles que me levaban a rastas, come se fora unha delincuente. Finalmente chegamos a un sitio e encerráronme en un cuarto.

- Mañán pola mañán empeza a misión.

E cerraron a porta con chave.

Por sorte,xa me despertei de golpe... Qué angustia.

sábado, 3 de enero de 2009

Rompendo con todo

Estado: Rabia, e algo máis que non se pode dicir (ver texto canción)
Canción: Nine Inch Nails: Closer

Hoxe, independentemente do que acabo de mencionar no meu estado, do que lóxicamente non darei moitos detalles, teño ganas de acabar con moita xente. Non literalmente, pero sí acabar có contacto con certas persoas, que máis dunha vez fixéronme chorar, intencionadamente ou non, non o sei.

Polo tanto, hoxe realicei unha limpeza completa que afecta tanto a msn, a yahoo como a skype. Eliminei todos os meus contactos, ahora estou rescatando á xente que me fala (cando me chegan as súas mensaxes). ¿O motivo? Quero esquecer a algunhas persoas que me fixeron moito dano, e tamén quitar á xente cá que regularmente non falo. Xa, escollín un camiño moi radical, pero é o mellor. Se non corto certos contactos, sei que as cousas poden ir peor. E non, non estou metida en nada raro, o prometo.

Año nuevo, vida nueva.

jueves, 1 de enero de 2009

Balance 2008

Estado: Pensativa
Canción: Loreena McKenitt:Arabia

Xa se foi un ano máis. Un ano escandaloso para mín, cheo de experiencias, positivas e negativas, pero inesquecibles.

Este ano falouse moito da crise económica, en cambio, a miña crise emocional ven dende principios de ano ata agora. Durante este 2008, non resolvín ningún dos meus conflictos emocionais, máis ben fuxín deles, espero temporalmente. Non vou dar nomes, pero quenes me coñecedes xa un pouquiño, podedes intuír eses nomes.

En cambio, conseguín traballar. Durante tres meses fun a un ritmo acelerado, entre traballo e clases. Aprendín que cantas máis cousas fas, máis te chega o tempo para tdoo. É raro, pero é así. O traballo o deixei, pois antes que o diñeiro está á saúde, e se un determinado traballo te crea ansiedade, ó mellor será deixalo. Milagrosamente, tendo menos tempo, aprobei todo, inglés, italiano e chinés. A consecuencia máis directa é que rematei italiano.

Coñecín xente nova. Salomé, Roy, Roberto, Álex... Era unha das cousas que sempre me pareceu máis complicadas, e en cambio, aí estamos.

E o máis importante, conseguín viaxar máis. Casi todas viaxes cortas, pero é un avance: Dúas veces a Madrid, unha a Toledo, unha a Finisterre, cás súas paradiñas correspondentes...(que non está lonxe, pero é algo...) E por suposto, a miña añorada Milán, que implicou ver outros sitios novos aparte de aquela cidade que amo.

Este ano teño obxectivos novos. Quizáis expectativas demasiado altas. Pero por marcarse obxectivos, que non quede:

- Meditar máis, aprender a controlar a miña vergonza. Quizáis debería facer un curso de oratoria...
- Atopar traballo.
- Irme de casa. (E a algo máis de longo prazo, con un pouco de axuda, igual podería irme por un periodo máis largo a Milán)
- Facer cursos (interésame especialmente o de azafata de vuelo)
- Viaxar máis.
- Presentarme a máis concursos literarios.
- Atopar un tío decente (misión imposible, en fin)
- Mercarme un portátil.


 
Contrato Coloriuris