lunes 19 de enero de 2009

E comeza o ciclo de cine de italiano...

Estado: tranquila
Canción: Modena City Ramblers: I cento passi

Creo que foi como volver formar parte de aquelas alumnas de italiano. Unha sensación extraña inundóume hoxe, cando entrei na Aula Magna, disposta a ver a primeira película do cicle de cine de italiano (películas de mafia, camorra, etc). Éste é o modo do departamento de manifestar o rexeitamento dos meus ex-mestres de italiano cara as asociacións mafiosas. Sí, o feito de estudiar aínda na escola de idiomas, ten a vantaxe de que podo asistir a algunhas actividades de italiano sen problemas.

Todo empezou con unha introducción de un mestre, que prácticamente evitei ver á cara... Falou un pouco, creo que o máis importante do que dixo é que estas películas, elexidas polo departamento, contan historias verdadeiras, e non americanadas come o padriño. Despois de algúns minutos de distracción, conseguín concentrarme na película, os cén pasos, que conta a historia de Peppino Impastato. Conmovedora.

Por un par de horas sentínme extraña, como se nada cambiara dende ó ano pasado. Non pertenzo xa a esas clases, sei defenderme ben cá lingua italiana. Hai quen dín (como un ex mestre da ESO hoxe) que debería de buscar traballo de traductora. ¡Ojalá fora así de fácil!