jueves, 1 de enero de 2009

Balance 2008

Estado: Pensativa
Canción: Loreena McKenitt:Arabia

Xa se foi un ano máis. Un ano escandaloso para mín, cheo de experiencias, positivas e negativas, pero inesquecibles.

Este ano falouse moito da crise económica, en cambio, a miña crise emocional ven dende principios de ano ata agora. Durante este 2008, non resolvín ningún dos meus conflictos emocionais, máis ben fuxín deles, espero temporalmente. Non vou dar nomes, pero quenes me coñecedes xa un pouquiño, podedes intuír eses nomes.

En cambio, conseguín traballar. Durante tres meses fun a un ritmo acelerado, entre traballo e clases. Aprendín que cantas máis cousas fas, máis te chega o tempo para tdoo. É raro, pero é así. O traballo o deixei, pois antes que o diñeiro está á saúde, e se un determinado traballo te crea ansiedade, ó mellor será deixalo. Milagrosamente, tendo menos tempo, aprobei todo, inglés, italiano e chinés. A consecuencia máis directa é que rematei italiano.

Coñecín xente nova. Salomé, Roy, Roberto, Álex... Era unha das cousas que sempre me pareceu máis complicadas, e en cambio, aí estamos.

E o máis importante, conseguín viaxar máis. Casi todas viaxes cortas, pero é un avance: Dúas veces a Madrid, unha a Toledo, unha a Finisterre, cás súas paradiñas correspondentes...(que non está lonxe, pero é algo...) E por suposto, a miña añorada Milán, que implicou ver outros sitios novos aparte de aquela cidade que amo.

Este ano teño obxectivos novos. Quizáis expectativas demasiado altas. Pero por marcarse obxectivos, que non quede:

- Meditar máis, aprender a controlar a miña vergonza. Quizáis debería facer un curso de oratoria...
- Atopar traballo.
- Irme de casa. (E a algo máis de longo prazo, con un pouco de axuda, igual podería irme por un periodo máis largo a Milán)
- Facer cursos (interésame especialmente o de azafata de vuelo)
- Viaxar máis.
- Presentarme a máis concursos literarios.
- Atopar un tío decente (misión imposible, en fin)
- Mercarme un portátil.


No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris