Mostrando entradas con la etiqueta ano novo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ano novo. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de enero de 2009

Balance 2008

Estado: Pensativa
Canción: Loreena McKenitt:Arabia

Xa se foi un ano máis. Un ano escandaloso para mín, cheo de experiencias, positivas e negativas, pero inesquecibles.

Este ano falouse moito da crise económica, en cambio, a miña crise emocional ven dende principios de ano ata agora. Durante este 2008, non resolvín ningún dos meus conflictos emocionais, máis ben fuxín deles, espero temporalmente. Non vou dar nomes, pero quenes me coñecedes xa un pouquiño, podedes intuír eses nomes.

En cambio, conseguín traballar. Durante tres meses fun a un ritmo acelerado, entre traballo e clases. Aprendín que cantas máis cousas fas, máis te chega o tempo para tdoo. É raro, pero é así. O traballo o deixei, pois antes que o diñeiro está á saúde, e se un determinado traballo te crea ansiedade, ó mellor será deixalo. Milagrosamente, tendo menos tempo, aprobei todo, inglés, italiano e chinés. A consecuencia máis directa é que rematei italiano.

Coñecín xente nova. Salomé, Roy, Roberto, Álex... Era unha das cousas que sempre me pareceu máis complicadas, e en cambio, aí estamos.

E o máis importante, conseguín viaxar máis. Casi todas viaxes cortas, pero é un avance: Dúas veces a Madrid, unha a Toledo, unha a Finisterre, cás súas paradiñas correspondentes...(que non está lonxe, pero é algo...) E por suposto, a miña añorada Milán, que implicou ver outros sitios novos aparte de aquela cidade que amo.

Este ano teño obxectivos novos. Quizáis expectativas demasiado altas. Pero por marcarse obxectivos, que non quede:

- Meditar máis, aprender a controlar a miña vergonza. Quizáis debería facer un curso de oratoria...
- Atopar traballo.
- Irme de casa. (E a algo máis de longo prazo, con un pouco de axuda, igual podería irme por un periodo máis largo a Milán)
- Facer cursos (interésame especialmente o de azafata de vuelo)
- Viaxar máis.
- Presentarme a máis concursos literarios.
- Atopar un tío decente (misión imposible, en fin)
- Mercarme un portátil.


lunes, 1 de enero de 2007

Feliz 2007

Bós días a todos, (Bueno, son as 14.12, pero acabeime de levantar!) A noita foi ben, unha boa cea na casa dos meus avós, e despois ó Etnias, entre malibu con ananás, algun que outro ligue, e bailes desenfrenados. Bó modo de entrar no 2007, bailando como unha loca.

Agora tócame botá-la vista atrás para face-lo balance deste ultimo ano. Non foi mal, aínda que tivo as súas tristezas. O ano 2006 empezou mal, cás miñas emocións descontroladas (Agora estou un pouco máis tranquila) Aínda quería arranxalo con Marco por aquelas, e a verdade, que agora non arranxerei nada... ¿Merecíase as miñas bágoas? Non o sei, o importante é que agora son libre como o vento, e estou orgollosa disto, aproveito o tempo ;) Recoñezo que este ano tiven a moitos homes na miña mente. Moito descontrol emocional.

Artísticamente, non me queixo: A miña evolución é positiva, e de cando en vez, teño oportunidades. Por exemplo, participei en un libro de poesías en italiano. Con respecto ós meus gustos, agora se me dixeran: "Dime o grupo de música que escoitaches máis este ano". A resposta é obvia. ¡Gem Boy! E a quen non lle guste, que se f***.

Tamén tiven sorte no sentido relixioso, encontrei moitos wiccanos este ano. Ademáis, coñecín tamén moita xente cá che saír e falar :D.

Este ano o comezo con moitos soños e esperanzas, sen prisa pero sen pausa. Quero que a miña evolución artística avance, que os meus estudios vaian ben, quero perder algo máis a vergonza, e quero outras cousas quizais máis difíciles de realizar, pero non imposibles...

Feliz 2007 a todos
 
Contrato Coloriuris