sábado, 24 de noviembre de 2007

Feliz... pero pensativa

Penso.

Faltan 13 días. 13 días de espera. Solo 13. Dentro de 13 días podrei entender por fin que é o que me quenta ó corazón, me abraza a mente e fai que conte todos os momentos nos que respiro.

Pensara que despois da miña viaxe a Milán, o máis ben, viaxe á confusión mental que a gran metrópolis xa decidera sobre o meu propio corazón, non habería solución. Que xa era unha alma sen destino, que vagaba polo mundo pensando que él non esistía. En cambio existe. Existe e parece que me queira.

De feito, apareceu o meu home ideal. Non se sabe aínda que pasará. Aínda faltan dúas semanas. Hoxe é tamén un día de confusión, de todas formas. Unha mensaxe de "felicitacións" enviado do meu móbil faime lembrar aquel momento. O momento no que a "Viga" chegaba á gran metrópolis e rodeábase de algúns amigos un pouco tolos. Unha mesaxe con resposta que me fai lembrar. Faime lembrar que eles tamén están alí, e que, no fondo, non esqueceron a esta amiga un pouco tola.
 
Contrato Coloriuris