miércoles, 16 de mayo de 2007

Experimentos musicais

O que fixen agora, non imaxinaría nunca que o faría.

Escoitaba unha canción dos Modena City Ramblers, un grupo italiano que fai música celta, inspirándose especialmente na música irlandesa, e que cantan en italiano e en dialecto de Módena.

Pois resulta que escoitaba unha das suas cancións, "La Fiola Dal Paisan", E non sei por qué... De repente, collín a miña pandeireta. Pillei o ritmo da canción enseguida. E aí estaba eu, que tocaba a pandeireta mentres cantaba mitade en italiano, mitade en dialecto de Módena.

Facía tempo que non facía experimentos...

jueves, 10 de mayo de 2007

É unha vantaxe...

É unha vantaxe que á hora de escoitar música non escoito grupos tan coñecidos. Así cando lles escribes respóndenche :P
 
Contrato Coloriuris