sábado, 17 de febrero de 2007

Homes

Teño un cacao mental...

Hai moitos homes na miña cabeza... E quén sabe se a algún deles lle importo...

Probablemente para algúns non son nada. O unha simple admiradora. Para outros unha amiga. Pero ninguén soñará para mín...

Estou escoitando unha canción que presaxia a traxedia...

miércoles, 7 de febrero de 2007

Subliminal nun programa americano de cociña

Parece que nos Estados Unidos levantarase unha gran polémica despois de que este video vira a luz.

Trátase dun programa de cociña americano (Iron Chef America) no que como podedes ver, introducíronse mensaxes subliminais de Mc Donald's.

domingo, 4 de febrero de 2007

Vaia noiteciña

Ola a todos:

Aquí estou despois de unha noite "de festa" (de merda, como de costume) A primeira cosa que púxome de mala ostia è che viu a Begoña (pero bueno, peor para ela, eu se fora ela non volvía a saír con nós na miña vida)

A verdad, é que esta noite foi chunga. Primeiro fumos ó Arenal X, que estaba cheo, nos fixeron pagar e non nos deixaron pasar, ó final tivemos que chamar á policía (a mín non me cobraron, así que me mantiven ó marxe). Viñeron creo que cinco policías locais e dous nacionais. A verdade é que os nacionais non fixeron falta, porque cando veron que chamáramos de verdade devolveron a pasta (o parte de esta, porque algunhas das entradas as tiraran)

Despois acabamos no mao-mao. Non tiña ganas de beber, pero tiven que facelo porque se non bebes non podes saír... Total, que pedín un licor 43 con cacaolat. (Se pido cerveza morro do noxo) e nada, alí estivemos toda á noite. Cheguei a casa as 6... e caéume bronca da miña nai por chegar ás 6, cando moitas veces cheguei ás 7, e tamén as 9 da mañá e non me dixo nada...
 
Contrato Coloriuris