Mostrando entradas con la etiqueta inxustiza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inxustiza. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2009

A triste realidade do galego entre os xoves!!!

Esta curtametraxe é moi boa, revela unha realidade que se produce, aqui en Vigo é algo moi habitual. l.

Qué conste, eu habitualmente non falo en galego, xa que a xente que me rodea suele falar en castelán. Non me avergonzo de ser galega, aínda que por desgracia, moita xente sí.

viernes, 27 de febrero de 2009

Adeus, Juan

Estado de ánimo: Triste
Canción: Los Piratas- Muertos

A noticia do suicidio de Juan Campos Paz, mestre de música en diversas escolas, (Entre elas, Escuelas Nieto, na cal estudiei os últimos catro anos de escola obrigatoria) caeume como un xarro de auga fría. Probablemente moita outra xente sentíuno así. A noticia sorprendéume o mércores, cando me disponía a ir a natación. A dor apoderóuse de mín e non puiden impedir que as bágoas se deslizaran polas miñas meixelas. O vín por última vez fai algúns meses. Non podería imaxinar nada así, o único que advertín naquel momento claramente é que tiña ganas de falar.

No funeral chorei bastante. Avergónzame chorar así, máis cando alí estaban moitos dos meus ex mestres de aquela escola. Revivín as súas clases, as súas palabras, a ternura que desprendíase de aquel modo de ser bonachón e aparentemente tranquilo. Pero tamén lembrei momentos nos que estiven a punto de cometer aquel loucura de rematar con todo. Por fortuna, no seu momento, alguén o impediu.

Estou tentando de asimilalo... Pero non son capaz...

lunes, 19 de enero de 2009

E comeza o ciclo de cine de italiano...

Estado: tranquila
Canción: Modena City Ramblers: I cento passi

Creo que foi como volver formar parte de aquelas alumnas de italiano. Unha sensación extraña inundóume hoxe, cando entrei na Aula Magna, disposta a ver a primeira película do cicle de cine de italiano (películas de mafia, camorra, etc). Éste é o modo do departamento de manifestar o rexeitamento dos meus ex-mestres de italiano cara as asociacións mafiosas. Sí, o feito de estudiar aínda na escola de idiomas, ten a vantaxe de que podo asistir a algunhas actividades de italiano sen problemas.

Todo empezou con unha introducción de un mestre, que prácticamente evitei ver á cara... Falou un pouco, creo que o máis importante do que dixo é que estas películas, elexidas polo departamento, contan historias verdadeiras, e non americanadas come o padriño. Despois de algúns minutos de distracción, conseguín concentrarme na película, os cén pasos, que conta a historia de Peppino Impastato. Conmovedora.

Por un par de horas sentínme extraña, como se nada cambiara dende ó ano pasado. Non pertenzo xa a esas clases, sei defenderme ben cá lingua italiana. Hai quen dín (como un ex mestre da ESO hoxe) que debería de buscar traballo de traductora. ¡Ojalá fora así de fácil!

jueves, 18 de diciembre de 2008

Sanidade pública

Dende logo, estou moi orgullosa do noso "SERGAS" e non é para menos. Sí, estou sendo sarcástica. Pero empezarei dende o principio.

Fai uns meses mandáronme unha tarxeta de sanidade pública nova, a diferencia é que esta tarxeta tiña o meu número de seguridade social no lugar do número dos meus pais. Pois ben, eu non son unha que vai moito ó médico, pero fun recientemente e atopei que a miña médica é unha insoportable. Polo tanto, dedicín que me cambiaría de médico. Ademais, a mín o horario de tarde me va de cú.

Pois nada, fun ata alí, e preguntanme se estou traballando ou cobrando o paro. Digo que non. A tipa din que entón a miña tarxeta non vale, que tería que ter o número de Seguridade Social dos meus pais. ¿Qué? ¿Entón para que o**** mandáronme esa p*** tarxeta? Eu estiven traballando, peor por tres meses. O máis gracioso é que a última vez que fun ó médico usei esa tarxeta e ninguén me dixo nada...

Vaia merda de servicio de saúde. Diosssss.

sábado, 22 de noviembre de 2008

O subcosciente

Onte soñei que estaba castigada nunha clase, cara á parede, a espaldas de todos, mentres a mestra explicaba algo.

Non hai moito máis qué comentar.

domingo, 12 de octubre de 2008

Casco Vello de Vigo

Si, é así. O Casco Vello leva moitos anos doente. Algunhas zonas están cheas de droga, insalubridade, e inseguridade. As vellas ruínas dan un testemuño de tristeza e dor. É desas zonas nas que é mellor non meterse se non se coñece. Un barrio que debería de ser un tesouro, ha despreocupado ás autoridades moito tempo e nel producíronse historias incribles (Como a caída dunha fachada dun edificio captada por cámaras...)Lixo. Ocupación. Desesperación.



Está claro que gracias a certos futbolistas e certas personalidades do concello chegamos á situación que chegamos. Paréceme incrible que o diñeiro poida comprar o futuro dunha cidade. Como colofón final, a construción dun centro comercial inútil desesperou a parte de Vigo desde o pasado ano, pois cobre parte dun mirador a ría.



O goberno local sempre se ha despreocupado, por non variar. Por sorte empeza a haber algún movemento. Segundo parece, se expropiarán as casas do Casco Vello que os propietarios non reparen, e mellorásense as condicións. Esperemos que sexa verdade.

O consorcio do Casco Vello tamén estaría investindo en mellóralas e rehabilitación da zona. Esperemos que todo mellore e que o Casco Vello non se caia a anacos. Moitos cidadáns queixáronse da reportaxe de Catro, pois consideran que afecta negativamente á recuperación. É verdade, todo iso tense que contar, pero quero aclarar á xente que non coñece Vigo que non todo o Casco Vello é así. Durante o mes de agosto fun ao pabellón deportivo do Berbés e non tiven que ir por zonas perigosas.

miércoles, 1 de octubre de 2008

OS Mc Donald's

Por desgracia, a compañía Mc Donald's segue sendo un éxito en todo o mundo, pois millóns de persoas cada día acuden aos seus restaurantes, nutrindo a unha empresa que vive do capitalismo e a costa da saúde de moitos seres humanos, que inocentemente, van aos seus restaurantes co incentivo económico.

A min personalmente, as hamburguesas do Mc Donald's non me gustan. De feito, eu adoito ir buscar hamburguesas ás cafeterías. O único que me gusta de alí son os xeados. De todos os xeitos propúxenme un reto:

Non vou volver a pisar un Mc Donald's na marxe dun ano (por agora).


O 16 de outubro, é o día Mundial Anti-McDonald's. É unha iniciativa que parte da Mc Donalds Workers' Resistance en Reino Unido, dende 1980. En moitos países os seus traballadores organizan unha folga para protestar polas condicións da comida e polas condicións nas que traballan eles mesmos. Por desgraza, aquí non é moi coñecida a iniciativa....

viernes, 22 de agosto de 2008

Sobre a diferencia de idade

Onte, falando cunha persona sobre as diferencias de idade nas parellas, dicíame que non estaba de acordo con que un rapaz sexa dez anos máis grande que unha rapaza, porque parecíalle unha aberración xa á hora de envellecer, que unha persona de 50, por exemplo, estea con unha de 60. Todo isto por qué, como sabedes os que xa me coñecedes, dende un tempo a esta parte, gústanme rapaces máis grandes ca mín, con diferencias de entre oito e vinte anos, aproximadamente. Obviamente, a mín cando era máis xove parecíame tamén unha aberración, pero vou explicar os motivos polos que hoxe xa non me o parece.

1) En cuestións naturais, unha muller madura antes que un home, incluso xenetica e físicamente, pode tender a envellecer antes.

2) Igualmente que no é raro ver rapaces de 40 que parece que teñen 35, e rapaces de 30 que parece que teñen 20, en cuestións de madurez, moitas rapazas demostran que tendo 20 anos, teñen a madurez de unha rapaza de 30. Polo tanto, depende do comportamento de ambalas dúas persoas.

3) Moita xente dice "10 años non son nada". Se non son nada para unha cousa, non son nada para outra.

Así que nada, á xente que me critica, que me critique. Eu fai uns anos facía o mesmo.

sábado, 21 de junio de 2008

Universiada 2013




E Vigo vaise á merda.

Como sempre.

¿Por que ninguén está interesado en dar publicidade á cidade? ¿E en arranxala un pouco?

lunes, 16 de junio de 2008

Operación canguro

¿Vistedes esta escalofriante reportaxe? (Emitida en Telecinco fai algunhas semanas)

Nela explícanse as diferencias entre pedofilia e pederastia, e investígase a un mozo pedófilo, ademais de outras persoas que pagan ós mozos por diñeiro, e etc.

Dende logo, é asqueroso... Esa xente está enferma... Non se pode xogar coa inocencia dun neno, que non desenvolveu nin o seu corpo físicamente, nin é consciente do que lle están facendo... é horrible! O peor é que hai páxinas webs nas que se chaman a si mesmos "Boy lovers" e ata aseguran que a pederastia é unha "opción sexual" tan válida como a homosexualidad ou a bisexualidad. Non é o mesmo: En casos de homosexualidade ou bisexualidade, non hai nin coacción e as dúas partes saben ben o que fan. ¡Despreciable!

miércoles, 16 de abril de 2008

Torre Pizarro e o centro comercial novo...

Isto è unha vergoña...

De verdade precisamos destruír o territorio para costruír unha torre e un centro comercial? Xa temos almenos catro centro comerciais en Vigo... Son máis que suficientes""" Almenos poderían facer algo útil, en vez dun centro comercial, un gran centro cultural, ou un centro para xovenes... que asco...

Podedes ler máis
aquí

miércoles, 3 de octubre de 2007

¿Normalización? ¡Desnormalización!

Estou moi anoxada.

Estou farta da "normalización lingüistica". Para mín, isto é un desastre político máis, completamente absurdo.

Díxose sempre Estudiar, agora é "estudar". Díxose sempre "Choiva", e agora "chuvia" "Avespa" é "Avéspora" e non se pode dicir "Felicitacións" ou "Felicidades". Agora según istos "intelixentes" dícese "Parabéns". Non somos portugueses, somos galegos. E os galegos non falamos así. ¿Por qué agora temos que estudiar, falar o ensinar o galego así??

¿¿Despois de tantos anos??

Espera... Agora solo falta que digan que "A forma correcta de dir pantalóns é "pantalois" ".

Isto é un cachondeo.. Metédevos a normalización lingüística polo...

martes, 24 de julio de 2007

TATAGOLOSA MICROMANIA

Pregunta:


¿A quen se tirou esta tia?

Dios.. que cheo de merda está o mundo da música.. e outros intentan facer méritos para chegar a algo e non son nunca coñecidos... solo para algúns poucos que buscan con insistencia.

Bueno, e esta é a versión orixinal, a versión reggeaton é todavía peor!!!


Vos que opinades??

miércoles, 7 de febrero de 2007

Subliminal nun programa americano de cociña

Parece que nos Estados Unidos levantarase unha gran polémica despois de que este video vira a luz.

Trátase dun programa de cociña americano (Iron Chef America) no que como podedes ver, introducíronse mensaxes subliminais de Mc Donald's.
 
Contrato Coloriuris