jueves, 21 de mayo de 2009

Unha pequeña disculpa...

Estado: estresada
Canción: Vacca- Poco poco poco

Sento non escribir tanto neste periodo, pero de verdade, estou estresada cos exames e a viaxe... (E sobre todo, estou paranoica)

Quiero que pase rápido este periodo...

viernes, 15 de mayo de 2009

Merda

Estado: deprimida
Canción: Pesi Piuma- Giorni di Sangue

Hoxe estou mal. Menstrual, mosqueada porque os meus irmáns foron de viaxe por primeira vez (a París) e eu á sua idade non saíra nin sequera de Galicia. Eles xa estiveron, con 15 aniños que ten, en Madrid, Barcelona, e ahora en París.

Tampouco teño todo claro sobre a miña volta a Italia, que pode ser unha gran victoria ou un fracaso estrepitoso. En estes días non teño novedades sobre o traballo, aínda me teñen que mandar un papel que teño que firmar... Sobre "onde durmir" tampouco teño nada fixo, estou barallando varias posibilidades, pero aínda non sei nada con seguridade.

Hoxe é o típico día de merda no que só teño ganas de chorar e comer. Últimamente non saio, todo o mundo está ocupado.... Non sei. Non estou ben. E aínda por riba, dentro de nada, esames....

Futuro incerto.. cada vez máis...

viernes, 8 de mayo de 2009

Incendio no Calvario

Onte hubo un incendio en unha coñecida cafetería (Nuevo Crismelo) do meu barrio, O Calvario. Entereime sobre as 15.00 da tarde, cando saín da casa, xa que a zona estaba chea de policías, bombeiros, e xente que parada, observaba o panorama. Por fortuna non houberon daños personais, aínda que para os donos foi unha desgracia, xa que, según o que oín, houberon grandes pérdidas no almacén... :|

Ánimo...
 
Contrato Coloriuris