sábado, 22 de diciembre de 2007

Bó Nadal

Escribo este post para felicitaros o Nadal, en xeral, e para desexaros un feliz Ano 2008 cheo de sorpresas (boas, lóxicamente) Bó Nadal e bó Yule :D

Fai un par de días estiven un pouco decaída, pero xa recuperei o meu sorriso :D. E non son tonterías, din que no Nadal diagnostícanse moitas depresións...

Teño moitos obxectivos para o 2008, polo tanto farei unha lista. Casi todos os anos a fago, e casi todos os anos consigo cumprir algúns dos meus obxectivos. É interesante para ver a propia evolución.

Polo resto non sei que dicir. ¿Qué faredes en estas datas? Eu supoño que o de sempre, 24 cá familia paterna, 25 cá familia materna. E o mellor saio despois. A estas alturas xa non creo que saia en fin de ano, porque non teño as entradas. Pero tres anos vivendo a experiencia dinme que as veces é mellor quedar na casa.

sábado, 1 de diciembre de 2007

Enferma

Hoxe non è un dos meus mellores días.

Enferma. Non estou ben, teño dor de gorxa e ollos. Onte tiña tamén dor de barriga e cabeza. Non teño febre, pero de todos modos, son un virus con pés.

Fastídiame moito. ¿Por qué hoxe? ¡Isto quere dicir que non irei a teatro en dúas semanas! A semana que vén podrei saludar, como moito.... Hoxe non podo saír. De todos modos, teño o ordenador para falar e escribir, teño libros para ler, e teño cartas par responder. Algo podo facer.
 
Contrato Coloriuris