sábado, 22 de diciembre de 2007

Bó Nadal

Escribo este post para felicitaros o Nadal, en xeral, e para desexaros un feliz Ano 2008 cheo de sorpresas (boas, lóxicamente) Bó Nadal e bó Yule :D

Fai un par de días estiven un pouco decaída, pero xa recuperei o meu sorriso :D. E non son tonterías, din que no Nadal diagnostícanse moitas depresións...

Teño moitos obxectivos para o 2008, polo tanto farei unha lista. Casi todos os anos a fago, e casi todos os anos consigo cumprir algúns dos meus obxectivos. É interesante para ver a propia evolución.

Polo resto non sei que dicir. ¿Qué faredes en estas datas? Eu supoño que o de sempre, 24 cá familia paterna, 25 cá familia materna. E o mellor saio despois. A estas alturas xa non creo que saia en fin de ano, porque non teño as entradas. Pero tres anos vivendo a experiencia dinme que as veces é mellor quedar na casa.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris