viernes, 30 de mayo de 2008

¡Aprobei chinés!

Aprobei chinés, (ou mellor, a mestra aprobóunos a todos...)

Teño un 6,6 na audición, un 6 no escrito (gramática) e un 8 no oral (non sei se máis adiante nos farán, pero este ano non nos fixeron proba de comprensión escrita nen de redacción) Hai que ter en conta que se ahora, según a normativa nova, o 6 é suficiente e o cinco suspenso, ou sexa, que me colle en chinés e en inglés, pero non en italián.

Hala, unha cousa menos... A semana que vén a ver qué pasa cando me digan as notas de inglés e italiano.

A propósito, non sei qué facer da miña vida. Hai un FP que me interesa, pero é un FP superior, e para facelo, teño que facer primeiro un bacherelato para adultos... Irei a preguntar, pero a verdade, dame un pouco de... non sei :D

martes, 27 de mayo de 2008

pizzica pizzica

Acabo de ver agora que o departamento de italiano publicou o video completo da pizzica pizzica...
Disfrutádeo :D

Quizais...





Só ocórrelleme cantarlle á Madonnina aínda que non sexa cristiá...

Oh mia bèla madonina,
che te brillet de lontan,
tutta d'or e piscinnina,
tì te dominet Milàn....

Si, vegnì senza paura,
num ve slongaremm la man,
tutt el mond l'è on grand paes a semm d'accord
ma Milàn l'è on gran Milàn!

¡BÓTOCHE DE MENOS!

lunes, 26 de mayo de 2008

Espero ata mañá....

Engánome.

Engánome a mín mesma pensando que haberá un mañán. Un mañán para escapar. Un mañán para verte ós ollos e dirte o que penso de verdade. Se estás todavía en ese mañá, estarei alí.

Outra vez a "morriña". A morriña, a nostalxia que me destrúe dende dentro e dende fora. Pensamentos, perdidos entre as nubes da miña cabeza. Ansiedade indescriptible que rompe tamén a alma. Non respiro. Non podo. Debo aprobar estos exámenes. Debo ser libre e estar tranquila en setembro. Teño que volver.

E estaremos outra vez nós, despois de pelexas, bágoas, e unha trama extraña de historias de amor, odio e sexo. E nos abrazaremos, mentres os coches gritan, a xente nos mira con odio e envexa, e os tranvías móvense sen piedade.Ó tempo, mirarei o meu alrededor, lembrando vellos momentos, e con bágoas nos ollos, sonreirei.

As bágoas baixan polos meus ollos cada vez que lembro ese abrazo. E choro cando me lembro de cando daba voltas polas rúas de Milán, esperando que o mañán non chegase nunca.

E chegou. E agora estou aquí, en Vigo, pensando que no fondo estou orgullosa de ser galega. Vigo, a ciudade dos Olivos. Árbore da paz, a fecundidade, a victoria e a recompensa. Pero eu paz interior non teño, a victoria a teño que gañar, e a recompensa sería o seu resultado. Esperando aínda. Soñando aínda. An. And.

Son solo unha fantasma do pasado...?

sábado, 24 de mayo de 2008

jueves, 22 de mayo de 2008

E acabouse...

Xa remataron as clases oficiais. Ahora é o turno dos exames. As clases de inglés e de chinés acabaron de un modo normal, pero non as de italiano.

Na clase de italiano non houbo nunca un grupo unido, mais dous bandos. Hoxe a evidencia estoraba. O bando sublevado íase á cafetería a celebrar un final de curso, hipócrita e clandestinamente. En cambio, os simpatizantes do "capitán" Fabio, quedábanse na clase, respetuosa e educadamente, atendendo as súas últimas explicacións.

As tensións nesta clase eran evidentes, pero nos últimos tempos, podíase corta-la tensión con un coitelo. Sólo había un horario de italiano, con galinas e lechuzas. Casi todo mulleres, e la hipocresía era obvia. O xogo de hipocresía foi obligatorio todo o curso. Se non, poderias ser mal visto.

E agora rematouse, aínda que o barco non chegou a buen puerto. Creo que todo soldado debe obedecer ó seu capitán, ou como mínimo respetalo, pero xa vexo, que non todos peensan coma mín.

jueves, 15 de mayo de 2008

Destino: Subitam Vel Repentinam Mutationem

Onte rendinme.

Fun traballar, como todos os días, pero sabía que xa non era o mesmo. Pasáronnos a Atención ó cliente. Fun andando, unha vez máis, có meu mp3 nas orellas. Entrei, sentéime, empecei a traballar, ata que nos mandaron ata alí. Fun terrible.

Despois de algunhas chamadas que máis ou menos me comín, chegou a crisis. Chamou unha persoa mosqueada. Non daba a basto. Non atopaba a información. A xente non se daba conta de que necesitaba ayuda. Xa levaba almenos quince minutos así. Non podía aguantar máis a presión de ter que atender a todo á vez. Desmoroneime. Quedeime sen respiración, non puiden evitar chorar como unha idiota, as manos tremabanme. Quería afastar á miña conciencia pero ela estaba alí.

Finalmente, cuando xa estaba destrozada, me mandaron a unha sala. Dúas figuras frías, e ríxidas finxían comprender o que estaba pasando. Intentaban que me tranquilizara, e que volvera. Pero as palabras estaban cargadas de hipocresía. Só querían lavarse as mans. Notábao.

Despois, funme, escoitando música de novo. Só escoitaba unha canción: Heart-Shaped glasses, de Marilyn Manson. É curioso, pero é o único que me tranquiliza como un sedante cando estou aos límites da autodestrucción.

Aínda encima, dous dos meus amigos de Milán están xogando con lume. fixeron unha viaxe, e volveron a dicir por segunda vez "Á próxima imos a xunto túa!" Se quisiérais vir, xa viriades.. Non esperedes que eu vaia a Milán porque ides de cú.

martes, 13 de mayo de 2008

Concentrada nos soños

Comezo a busca-la maneira de que os meus soños tomen forma, e comecen a cumplirse. Xa non penso no tempo, solo no obxetivo (Como fan os pacientes budistas) Planteeime moitos obxectivos para este ano cando empezou, e en realidade, estou en ello. Non me vou rendir.

Quizais hai un par de obxectivos que destaquen entre os demais, o primeiro é volver a Milán. Dende logo, estou aforrando agora que traballo, por unha parte. Por outra estou buscando alternativas ó paso por Madrid ou Barcelona, e por suposto, hai unha alternativa moi interesante, que é coller un autobús dedde Vigo ata Oporto. Hai líñas regulares de ida e volta que van dende a estación de autobuses ata o aeroporto de Oporto. O único incoveniente sería que tería que saír dende a estación moitas horas antes do voo... Almenos tres ou catro, je,je.

O outro obxectivo importante é o desarrollo artístico. É algo que agora teño algo estancado, especialmente polas clases e os exames que xa os teño en nada (dous de chinés, catro de inglés e cinco de italiano) pero cando se acaben as clases, intentarei poñerme plenamente nisto.

Agora simplemente espero. Espero, pero concentrada, a que rematen as clases. Espero e soño.

sábado, 10 de mayo de 2008

Algunhas fotos







Estas son algunhas fotos (baixeime solo nas que estou) de camiño a Toledo...

O resto están no album de Sonia, coma siempre, jeje.

Ten razón un certo amigo dos de Milán.. dende que fun ata agora tiven un cambio físico bastante espectacular...

¿Qué tal me vedes? :D

A sexualidade

Ós meus 21 anos e medio, non é difícil darme conta de que a sexualidade é un tema completamente tabú, ó que a xente mira todavía con unha extraña percepción, e non a trata como o que realmente é, unha parte de nós, da nosa natureza. Nos empeñamos en ocultala no máis profondo de nós para evitar críticas, para que non se note a nosa irracionalidade cando supostamente, somos animales racionais.

É curioso tamén, o feito de que a maior parte de nós somos bisexuais e non o sabemos, pero tendendialmente tomamos unha decisión, quizáis incosciente. Non é colpa nosa, é así. Hai quen di que vai contronatura, e en cambio, non sabe que é un comportamento habitual incluso entre os simios. E non creo que eles se dediquen a plantearse estas cousas.

Hai quen fala ahora tamén do boom da homosexualidade. Non houbo esta moda, o feito é que durante máis de cuarenta anos, almenos aquí, tiveron que ocultar as súas ideas por medo ás represalias...

Creo que na sexualidade hai unha sola cousa condenable, que é cando se obliga a outra persoa a facer o que non quere, especialmente se é unha persoa indefensa. Cada quén debería ser libre sen ser criticado.

Xa é hora de que ás rapazas nos quiten a etiqueta de putas e ós rapaces, a etiqueta de machos.

jueves, 8 de mayo de 2008

É unha cuestión de estrés

Sempre caéume mal a primavera. En primavera, sempre estou cansa. Ademais de estar cansa, estou sempre estresada. Motivos de estrés hai moitos, está o traballo, as clases, a familia, a pouca inspiración e as dores físicas. Outros años tamén estaba estresada polas miñas emocións, pero agora con todo o que teño que facer non penso moito en tonterías. Non solo eso, se non que incluso o meu modo de ver ós homes cambiou e o modo de relacionarme con eles.

Onte tiven que facer a exposición oral de italiano. A retrasara xa unha vez, e mentres a facía pensaba que me moría. A fixen sobre os celtas en Italia. Estaba moi nerviosa. Non me tremaba a voz, e tampouco o corpo (é extraño, normalmente cando estou nerviosa trémame a voz e río moito) Os meus compañeiros dixéronme que se estaba nerviosa, non se notou.

Este é o meu ultimo ano de italiano. Por unha parte alégrome, porque tendrei menos peso Por outra parte, dame moita pena. Obviamente non me apetece repetir curso :D pero en fin, como sempre, sabes que cando rematas algo certas situacións non se repetirán. Nestes cinco anos de italiano aprendín moitas cousas. A lingua italiana levoume por camiños que non esperaba, e regaloume (e me está regalando) momentos alucinantes. Cambiei toda a miña historia...

Creo que o peor está por chegar: a última semana deste mes teño todos os exámenes, ou sexa, unha decena. Así que agora tócame centrarme nisto :D

domingo, 4 de mayo de 2008

Nemigos

Todos temos nemigos, xente que nos complica a vida, ou simplemente fastídianos que a eles todo lles vaia bien e a nós non. Ningún de nós líbrase desa persoa molesta que nos pisa, e que parece facer todo mellor e ter máis oportunidades, ou de aquela persona que nos envidia e lastima... Ou o intenta.

Pero ó mesmo tempo, ter nemigos pode ser un estímulo. Un estímulo para loitar, para competir, para mellorar. Quizais ter nemigos é bó, porque fainos esforzar máis e facernos valer... É unha axuda a un mesmo.

Así que, agora, cada vez que mires ós teus nemigos, non penses: " Voute pisotear". Pensa solo "Vou ser mellor ca tí". E traballa para realizar os teus soños.

sábado, 3 de mayo de 2008

La sexta- ¡Viva la república!

No sei se vistedes este documental, pero é moi interesante... Trátase de unha montaxe, na que reflexase o que podería pasar se a república fora a vencedora da guerra civil do 1939. Por suerte o por desgracia, a república non tiña moitas posibilidades, e a dictadura franquista era inminente...

Creo que é un documental no que fixo falta moita documentación e empeño... E o efecto impacta!

 
Contrato Coloriuris