lunes, 26 de mayo de 2008

Espero ata mañá....

Engánome.

Engánome a mín mesma pensando que haberá un mañán. Un mañán para escapar. Un mañán para verte ós ollos e dirte o que penso de verdade. Se estás todavía en ese mañá, estarei alí.

Outra vez a "morriña". A morriña, a nostalxia que me destrúe dende dentro e dende fora. Pensamentos, perdidos entre as nubes da miña cabeza. Ansiedade indescriptible que rompe tamén a alma. Non respiro. Non podo. Debo aprobar estos exámenes. Debo ser libre e estar tranquila en setembro. Teño que volver.

E estaremos outra vez nós, despois de pelexas, bágoas, e unha trama extraña de historias de amor, odio e sexo. E nos abrazaremos, mentres os coches gritan, a xente nos mira con odio e envexa, e os tranvías móvense sen piedade.Ó tempo, mirarei o meu alrededor, lembrando vellos momentos, e con bágoas nos ollos, sonreirei.

As bágoas baixan polos meus ollos cada vez que lembro ese abrazo. E choro cando me lembro de cando daba voltas polas rúas de Milán, esperando que o mañán non chegase nunca.

E chegou. E agora estou aquí, en Vigo, pensando que no fondo estou orgullosa de ser galega. Vigo, a ciudade dos Olivos. Árbore da paz, a fecundidade, a victoria e a recompensa. Pero eu paz interior non teño, a victoria a teño que gañar, e a recompensa sería o seu resultado. Esperando aínda. Soñando aínda. An. And.

Son solo unha fantasma do pasado...?

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris