jueves, 8 de mayo de 2008

É unha cuestión de estrés

Sempre caéume mal a primavera. En primavera, sempre estou cansa. Ademais de estar cansa, estou sempre estresada. Motivos de estrés hai moitos, está o traballo, as clases, a familia, a pouca inspiración e as dores físicas. Outros años tamén estaba estresada polas miñas emocións, pero agora con todo o que teño que facer non penso moito en tonterías. Non solo eso, se non que incluso o meu modo de ver ós homes cambiou e o modo de relacionarme con eles.

Onte tiven que facer a exposición oral de italiano. A retrasara xa unha vez, e mentres a facía pensaba que me moría. A fixen sobre os celtas en Italia. Estaba moi nerviosa. Non me tremaba a voz, e tampouco o corpo (é extraño, normalmente cando estou nerviosa trémame a voz e río moito) Os meus compañeiros dixéronme que se estaba nerviosa, non se notou.

Este é o meu ultimo ano de italiano. Por unha parte alégrome, porque tendrei menos peso Por outra parte, dame moita pena. Obviamente non me apetece repetir curso :D pero en fin, como sempre, sabes que cando rematas algo certas situacións non se repetirán. Nestes cinco anos de italiano aprendín moitas cousas. A lingua italiana levoume por camiños que non esperaba, e regaloume (e me está regalando) momentos alucinantes. Cambiei toda a miña historia...

Creo que o peor está por chegar: a última semana deste mes teño todos os exámenes, ou sexa, unha decena. Así que agora tócame centrarme nisto :D

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris