martes, 13 de mayo de 2008

Concentrada nos soños

Comezo a busca-la maneira de que os meus soños tomen forma, e comecen a cumplirse. Xa non penso no tempo, solo no obxetivo (Como fan os pacientes budistas) Planteeime moitos obxectivos para este ano cando empezou, e en realidade, estou en ello. Non me vou rendir.

Quizais hai un par de obxectivos que destaquen entre os demais, o primeiro é volver a Milán. Dende logo, estou aforrando agora que traballo, por unha parte. Por outra estou buscando alternativas ó paso por Madrid ou Barcelona, e por suposto, hai unha alternativa moi interesante, que é coller un autobús dedde Vigo ata Oporto. Hai líñas regulares de ida e volta que van dende a estación de autobuses ata o aeroporto de Oporto. O único incoveniente sería que tería que saír dende a estación moitas horas antes do voo... Almenos tres ou catro, je,je.

O outro obxectivo importante é o desarrollo artístico. É algo que agora teño algo estancado, especialmente polas clases e os exames que xa os teño en nada (dous de chinés, catro de inglés e cinco de italiano) pero cando se acaben as clases, intentarei poñerme plenamente nisto.

Agora simplemente espero. Espero, pero concentrada, a que rematen as clases. Espero e soño.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris