Mostrando entradas con la etiqueta verán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta verán. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de junio de 2009

Nervios

Estado: pensativa
Canción: Gamba de Legn- Ciapasala no

Ola a todos, decidín voltar a escribir, quédanme os exames de inglés, o luns e o xoves, pero ahora teño moito máis tempo porque xa non hai clases. Os exames de chinés foron ben, aínda que o día do oral atopéime ó xefe de estudios (que é bastante vacilón, e como xa dixen en outras ocasións, deume clase) e preguntoume se era eu quén estaba facendo escándalo alí enriba (Sí, claro, pregútasllo a unha que é demasiado silenciosa... :D) En fin.

Nestes días tiven un baixón importante porque non sei nada do traballo. Intentei chamar e nada. Non responde. E falta un mes. Evidentemente esto desespérame. A verdade é que empezaba a plantearme o quedar na casa, pero doume conta de que teño que ir sí ou sí. Pase o que pase. Nofondo, o máis grave que me puidera pasar é que teña que ir ó consulado e pedir que me paguen un billete de volta...E espero non chegas a esos límites...

Por outra parte nas últimas semanas creo que tiven unha especie de frechazo virtual con un rapaz milanés, o máis curioso é que parece que é mútuo... A verdade é que impresionoume moito, e parece que eu tamén a él. Por certo, independentemente disto, parece sorprendido porque dice que parece que estou moi comprometida cá política... Bueno, a verdade é que dende fai uns anos cara hoxe interésame máis.. E as miñas ideas foron sempre máis ou menos as mesmas... Máis ou menos. O máis curioso é que con respecto a Italia, certas personas tamén moi firmes nas suás ideas fixern que coñecera xente (virtualmente almenos) do mundo político. Alcaldes, conselleiros e candidatos para serlo. En fin... o_O

Polo menos chamáronme da ONCE para un curso de Braille. En realidade teñen a obriga de dar cursos, pero xa que hai moi poucos voluntarios en Vigo, o que organizan cada certo tempo é ese :D

jueves, 26 de junio de 2008

Samil




Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo!
e ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado!
e ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro!
e ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado
por que ei gram cuidado!
e ai Deus, se verrá cedo!



Abro este post cunha cantiga de amigo, importantísimas na cultura galega, para reflectir a importancia que o mar ten para nós. E é que onte fun por segunda vez á praia de Samil este ano. É curioso, é unha praia que, no fondo, non é significativa para min: Os meus pais sempre me levaban a Patos, e a miña avóa, á praia América. Con todo, é a que está mellor comunicada.




Facía moito calor, de feito queimeime. Cando cheguei á praia, puiden camiñar plácidamente polas augas do océano Atlántico. Sen pensar en nada. Creo que é unha das cousas que botaría de menos se algún día fóseme a Milán. En realidade, botaríao de menos fose a donde fóra, pois O océano Atlántico, nas cousas de Galicia, diría que é único.


Ía entrando máis e máis dentro do auga. Lémbrome de algo que pasou fai tempo. Un dos meus tíos tiña unha noiva cubana, e a primeira vez que foi a unha praia de Galicia, a miña curmá e eu fomos con eles. Nós dúas, corremos cara ao auga como tolas, e ela foi detrás... Claro que cando entrou dentro tremeu de frío...


Onte mentres merendaba, unha gaviota levouse parte do meu bocadillo... Estas cousas antes tampouco pasaban, desde logo, van cos tempos...

O mar foi moi importante tamén na cultura e brujería galegas. ¿oístes falar do ritual das nove olas? É para mozas que se queiran quedar embarazadas, e consistía en entrar no auga en lúa chea, e deixarse golpear por nove olas.

Onte pasei moito tempo na praia, é o motivo polo que me queimei, e tamén o motivo polo que despois faltábame o tempo...

domingo, 8 de junio de 2008

Vigo en verán...

¿Alguén ten ideas de cousas que facer este verán? ¿E de actividades para facer en Vigo? ¿Qué faredes vós este verán?

martes, 24 de julio de 2007

TATAGOLOSA MICROMANIA

Pregunta:


¿A quen se tirou esta tia?

Dios.. que cheo de merda está o mundo da música.. e outros intentan facer méritos para chegar a algo e non son nunca coñecidos... solo para algúns poucos que buscan con insistencia.

Bueno, e esta é a versión orixinal, a versión reggeaton é todavía peor!!!


Vos que opinades??

 
Contrato Coloriuris