jueves, 26 de junio de 2008

Samil




Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo!
e ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado!
e ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro!
e ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado
por que ei gram cuidado!
e ai Deus, se verrá cedo!



Abro este post cunha cantiga de amigo, importantísimas na cultura galega, para reflectir a importancia que o mar ten para nós. E é que onte fun por segunda vez á praia de Samil este ano. É curioso, é unha praia que, no fondo, non é significativa para min: Os meus pais sempre me levaban a Patos, e a miña avóa, á praia América. Con todo, é a que está mellor comunicada.




Facía moito calor, de feito queimeime. Cando cheguei á praia, puiden camiñar plácidamente polas augas do océano Atlántico. Sen pensar en nada. Creo que é unha das cousas que botaría de menos se algún día fóseme a Milán. En realidade, botaríao de menos fose a donde fóra, pois O océano Atlántico, nas cousas de Galicia, diría que é único.


Ía entrando máis e máis dentro do auga. Lémbrome de algo que pasou fai tempo. Un dos meus tíos tiña unha noiva cubana, e a primeira vez que foi a unha praia de Galicia, a miña curmá e eu fomos con eles. Nós dúas, corremos cara ao auga como tolas, e ela foi detrás... Claro que cando entrou dentro tremeu de frío...


Onte mentres merendaba, unha gaviota levouse parte do meu bocadillo... Estas cousas antes tampouco pasaban, desde logo, van cos tempos...

O mar foi moi importante tamén na cultura e brujería galegas. ¿oístes falar do ritual das nove olas? É para mozas que se queiran quedar embarazadas, e consistía en entrar no auga en lúa chea, e deixarse golpear por nove olas.

Onte pasei moito tempo na praia, é o motivo polo que me queimei, e tamén o motivo polo que despois faltábame o tempo...

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris