domingo, 15 de junio de 2008

Madrid: Á terceira vai a vencida

Estou contenta, porque esta vez, a miña terceira vez en Madrid, foi distinta, malia as horas durmindo no coche...

Paseino moi ben. Marcheime con Adrián e Salomé, e logo de moitas horas e moitas paradas en estacións de servizo (Saír de Galicia cruzar por Ourense e atravesar Castilla e León ten a súa tela...) chegamos a Madrid. Fómosnos á estación de Atocha. Despois estivemos dando voltas, especialmente pola Gran Vía, xa que eu tiña que comprar un vestido para a voda de Marta, nun par de meses. Collimos un autobús porque Salomé tiña que facer un exámen na Universidade Europea de Madrid, así que Adrián e eu tomámosnos algo ata que saíu. Chámame a atención que os autobuses interprovinciales lévanos a administración pública en Madrid, en Vigo os autobuses non teñen nada que ver coa administración, almenos ata onde eu sei.

Cando Salomé saíu, fómos comer a un restaurante vegetariano, (Fres.Co ) que dende o meu punto de vista, é un paraíso! En plan autoservicio e buffet libre, ou sexa, que tomas o que che dá a gana e na cantidade que che de a gana. ¡É unha gozada! Jooo que poñan un así en Vigo!

Creo que está de máis dicir que tamén fixemos un par de paradillas no Starbucks... outro luxazo que aquí non temos.. (grrr!)

Outra cousa curiosa é que Madrid estaba chea de italianos. Quizais por iso, e por botar unha man a Salomé (acabou 2º) estivemos falando en italiano bastante tempo. Aínda encima, eu ca miña muñequera de Italia, toda chula,ja,ja,ja.

Para min tamén foi un pequeno pracer volver coller o metro. Encántame ir en metro, e é unha desas cousas que levaba un ano sen facer. Encántame baixar, sentir toda esa bocanada de aire mentres non se detén, e abalanzarme cara á porta. Iso si, falando de italianos, unha das veces que ía entrar no metro, un señor traxeado ao que xa ouvíramos falar por teléfono en italiano, fíxome unha pregunta e respondeulla prácticamente só (menos mal, porque eu Madrid non a coñezo...) O caso é que cando entramos no metro aí estaba, e Salomé estaba preguntándome dúbidas de italiano... eu explicándolle, tamén lle fixen algún comentario sobre a lingua milanesa (non podía faltar) E o señor seica nos estaba mirando con curiosidade, eu estaba intentando conterme as ganas de rir...

De noite fomos a tomar algo cun amigo de Adrián, total, que el e Salomé estaban falando do exame e de cousas relaccionadas con ese tema. Eu estaba medio durmida, pechábanseme os ollos... E bueno, xa cando nos despedimos, intentei durmir un pouco. Pero as cousas non saíron ben do todo: Adrián nunha estación de servizo pasouse un pouco co que tomou, e non estaba en boas condicións para conducir. Polo tanto, tivemos que pararnos nunha estación de Castilla e León, e ó final tivemos que quedar a durmir no hostal que tiñan alí. Pola mañá, xa todos estabamos mellor, e logo de almorzar algo, continuamos co camiño de volta, a tumbos e con moitas paradas. A Vigo chegamos sobre as 16.00. Aprendín que a autopista a seguir é a A52 e que é mellor estar atento se non queres andar a tumbos....

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris