lunes, 2 de junio de 2008

Televisión privada... che xoven es...

Faime gracia pensar que cando eu nacín só existían tres canles de televisión: A televisión pública (A Primeira abriu en 1956, e a 2 en 1965) e a televisión rexional, a TVG, que comezou as súas emisións no 1985.

En 1990, (en resumo, cando eu tiña 3 ou catro anos) sácanse a concurso tres licencias de televisión. Finalmente, as gañadoras foron Canal +, Antena 3 e Telecinco.

Antena 3 foi a primeira,pois as súas emisións regulares comezaron o 25 de xaneiro de 1990, sendo a primeira canle privada en emitir para toda España. Forma parte do Grupo Antena 3 xunto ás empresas Onda Cero, Europa FM, Movierecord, Atres Advertising e A3Multimedia, así como a empresa Unipublic. Así se presentaba Antena3...



Canal + tivo unha concesión especial, pois tiña que emitir obligatoriamente 6 horas en aberto, pero se lle admitiu transmitir o resto da programación en emisións codificadas. Empezou o 8 de xuño de 1990 as súas emisións en probas, e o 14 de setembro, as súas emisións regulares. ¿Quen non se lembra da sintonía de Canal + , por certo??)



deixei para o final a Telecinco, porque nunca mellor dito, Aquí hai tomate. Telecinco foi a segunda en emitir, o 3 de marzo de 1990, como non, con case todo o persoal italiano, e cun gran espectáculo, baseada no formato televisivo de Canale 5.



Hai dous datos curiosos que cabería destacar. En primeiro lugar, as homónimas alemá e francesa de Canale 5 non correron a mesma sorte que Telecinco. Telefünf abriu en 1988 e pechou en 1992. Finalmente, en 2002, o grupo Tele München Gruppe volveuna a abrir. Non me quedan moi claros os motivos polos cales producíronse estes cambios, posto que a maior parte da información está en alemán... E non entendo nada.

A Cinq, en cambio, non correu moi boa sorte. Naceu no 1986 e morreu no 1992, en directo, pois aínda que parte da programación tiña unha boa cota de espectadores, a canle rexistraba perdas e finalmente, declarouse en creba técnica. A débeda era dun millón de francos, polo tanto, deixárona morrer o 12 de abril de 1992.



Un último dato curioso sobre Telecinco, a canle española, que segue viva e que de feito, é prácticamente a que colleita máis éxitos dende fai un par de anos. En 1989, Fininvest tiña o 25% da cadea, e con todo, dende a súa saída na bolsa no 2004 Mediaset Investimenti posúe un escalofriante porcentaxe dos beneficios desta canle: ¡¡¡50,13%!!! (Sen comentarios, non??)

Hoxe en día, a televisión crece imparable. En 2005 naceu Cuatro, e en 2006, a Sexta. Suscítame unha pregunta: ¿Erabamos máis felices cando habían só tres canles de televisión, no canto das cheas de canles que se poden obter agora a través das plataformas dixitais?

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris