domingo, 22 de junio de 2008

Dilema

Hoxe (Se non recordo mal) temos o partido España-Italia.

Non adoita importarme moito o fútbol, pero cando hai algo grande (Se non fago nada máis interesante) ás veces véxoo.

O caso é que neste caso, teño o corazón dividido: Se, obviamente, son española, nacín aquí en Vigo... e iso. (Se apoiase a ITalia creo que me matarían)

Pero se non apoio a Italia mátanme igual: agora que xa son para case todos unha "milanesa en adopción" (teño varios tíos e unha irmá postizos) hai quen me di: "Pois ti es unha italiana adoptada, así que tes que apoiar a Italia!"

Pois andamos ben....

E se teño que guiarme por "tíos bos" pois tampouco... hai tíos bos nas dúas seleccións, jajaja.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris