viernes, 22 de agosto de 2008

Sobre a diferencia de idade

Onte, falando cunha persona sobre as diferencias de idade nas parellas, dicíame que non estaba de acordo con que un rapaz sexa dez anos máis grande que unha rapaza, porque parecíalle unha aberración xa á hora de envellecer, que unha persona de 50, por exemplo, estea con unha de 60. Todo isto por qué, como sabedes os que xa me coñecedes, dende un tempo a esta parte, gústanme rapaces máis grandes ca mín, con diferencias de entre oito e vinte anos, aproximadamente. Obviamente, a mín cando era máis xove parecíame tamén unha aberración, pero vou explicar os motivos polos que hoxe xa non me o parece.

1) En cuestións naturais, unha muller madura antes que un home, incluso xenetica e físicamente, pode tender a envellecer antes.

2) Igualmente que no é raro ver rapaces de 40 que parece que teñen 35, e rapaces de 30 que parece que teñen 20, en cuestións de madurez, moitas rapazas demostran que tendo 20 anos, teñen a madurez de unha rapaza de 30. Polo tanto, depende do comportamento de ambalas dúas persoas.

3) Moita xente dice "10 años non son nada". Se non son nada para unha cousa, non son nada para outra.

Así que nada, á xente que me critica, que me critique. Eu fai uns anos facía o mesmo.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris