Eramos unhas once persoas de cháchara (das once persoas, oito eran mozos, e oito das 11 persoas eramos tamén galegas!) Fixéronse unhas brasas e con tanto entretenimiento apagáronse varias veces, así que comemos máis ou menos ás seis da tarde, ja, ja, ja. Despois nada, houberon ata algunhas sobremesas (Estoume acordando das galletas de chocolate que trouxo Roy e a verdade que se me está volvendo facer a boca auga... Ai!!!!) Bebemos un pouco (almenos eu bebín pouco, adoito intentar controlarme e máis en certas situacións) e nada, á cama. Confeso que ás nove ou dez da mañá xa tiña abertos os ollos, fomos espertando, baixando, Roy e eu fómosnos a almorzar a unha pastelería, dimos unha volta e volvimos (non sen antes perdernos un pouco) e á hora de comer fumos todos a un chinés. Creo que nos marchamos de Lugo sobre as cinco, pero en fin, eu o único que sei é que estaba rebentada...

No hay comentarios:
Publicar un comentario