martes, 19 de agosto de 2008

Combatendo

Non podo durmir.

Non son capaz de durmir, un pouco pola sede, outro pola calor e quizais outro pouco polos meus pensamentos. Quedan uns 21 días para Milán segunda parte. Todo un reto, pero onte algo demostroume que agora estou preparada.

Onte volvín vencer a un dos meus problemas máis graves, a desorientación, producida posiblemente por problemas como a hidrocefalia e a dislexia, cos cuales se convive, o almenos no meu caso. Onte fixen outro tanto. Estou gañando o partido por catro a dous, máis ou menos. Non o sei realmente, pois a hidrocefalia metíume algún que outro gol, pero agora son eu quén a acribilla. Primeiro, perdín o medo e comecei a moverme por Vigo. Despois, pasei o medo de perderme en Milán e descubrir que non pasaba nada, pois nunca estarei sola. E durante este verán, a desorientación complicoume as cousas. Pero onte volvín vence-la unha vez máis, e conseguín chegar ó pabillón dos deportes do Berbés. Parecíame moi difícil, pero as veces un cambio de estratexia o cambia todo.

Sí, agora estou preparada para a volta a Milán. Tendo en conta que dormirei cerca de Piazzale Loreto e que agora sei usa-lo metro e que no estarei sola, todo irá ben dende o momento en que me suba o avión.

¿Quién dixo que a hidrocefalia era invencible?

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris