viernes, 27 de febrero de 2009

Adeus, Juan

Estado de ánimo: Triste
Canción: Los Piratas- Muertos

A noticia do suicidio de Juan Campos Paz, mestre de música en diversas escolas, (Entre elas, Escuelas Nieto, na cal estudiei os últimos catro anos de escola obrigatoria) caeume como un xarro de auga fría. Probablemente moita outra xente sentíuno así. A noticia sorprendéume o mércores, cando me disponía a ir a natación. A dor apoderóuse de mín e non puiden impedir que as bágoas se deslizaran polas miñas meixelas. O vín por última vez fai algúns meses. Non podería imaxinar nada así, o único que advertín naquel momento claramente é que tiña ganas de falar.

No funeral chorei bastante. Avergónzame chorar así, máis cando alí estaban moitos dos meus ex mestres de aquela escola. Revivín as súas clases, as súas palabras, a ternura que desprendíase de aquel modo de ser bonachón e aparentemente tranquilo. Pero tamén lembrei momentos nos que estiven a punto de cometer aquel loucura de rematar con todo. Por fortuna, no seu momento, alguén o impediu.

Estou tentando de asimilalo... Pero non son capaz...

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris