lunes, 5 de enero de 2009

Policía secreta

Estado: asustada
Canción: Morodo: Los carros de Babylon

Hoxe tiven un deses soños que non teñen pés nin cabeza. Un soño angustioso e realmente absurdo. Resulta que estaba na rúa, e ven un grupo (4 tíos e unha tía) e sóltanme:

- Policía secreta. ¿É vostede Anahí Palacín Martínez?
- Sí.
- Pois ten que colaborar connosco nunha misión.
-¿Qué misión? ¿Cánto vai durar?
- 2 meses e medio.
- De ningunha maneira. Eu non podo faltar dous meses e medio a clase.- Intento escapar, agárranme-. Se non queres colaborar, vámoste ter que detener.
- ¿Podo avisar ós meus pais?
- Non.
- Teño que avisar ós meus pais.
- De ningunha maneira.

Leváronme casi a rastras, contra a miña vontade. Eu que non quería e eles que me levaban a rastas, come se fora unha delincuente. Finalmente chegamos a un sitio e encerráronme en un cuarto.

- Mañán pola mañán empeza a misión.

E cerraron a porta con chave.

Por sorte,xa me despertei de golpe... Qué angustia.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris