sábado, 3 de enero de 2009

Rompendo con todo

Estado: Rabia, e algo máis que non se pode dicir (ver texto canción)
Canción: Nine Inch Nails: Closer

Hoxe, independentemente do que acabo de mencionar no meu estado, do que lóxicamente non darei moitos detalles, teño ganas de acabar con moita xente. Non literalmente, pero sí acabar có contacto con certas persoas, que máis dunha vez fixéronme chorar, intencionadamente ou non, non o sei.

Polo tanto, hoxe realicei unha limpeza completa que afecta tanto a msn, a yahoo como a skype. Eliminei todos os meus contactos, ahora estou rescatando á xente que me fala (cando me chegan as súas mensaxes). ¿O motivo? Quero esquecer a algunhas persoas que me fixeron moito dano, e tamén quitar á xente cá que regularmente non falo. Xa, escollín un camiño moi radical, pero é o mellor. Se non corto certos contactos, sei que as cousas poden ir peor. E non, non estou metida en nada raro, o prometo.

Año nuevo, vida nueva.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris