martes, 21 de octubre de 2008

Desafío

Hoxe estou moi contenta. acabei de ler Domani ti perdono, de Alessandra Appiano, libro que volvín empezar (o lera pola metade) fai algúns días. O feito en si non é do de habelo lido, senón que o lin en tres días. Estou recuperando unha parte de min que cría que xa perdera entre os meus recordos da infancia pre-virtual, na que era unha devoradora de libros, e internet era unha idea banal que nin sequera pasoume pola cabeza. fun á biblioteca, así afasteime do mundanal ruído que inunda a miña casa, ata altas horas da madrugada, e que de pequena non me importaba, pero que agora túrbame bastante. fun á biblioteca máis próxima, co único obxectivo de ler.

Ata o curso pasado, tamén tiña un problema: Estaba en italiano co plan vello, polo tanto, debía ler tres libros impostos polo sagrado departamento de italiano. Isto quere dicir présa, desconcentración, e menos campo de elección. Agora teño un reto persoal, ler como unha tola como cando era unha nena á que lle daba igual todo o que lle pasaba ao resto do mundo, que camiñaba por mundos non descubertos e perdíase entre bosques en compañía da súa curmá, a que só vía a unha amiga o fin de semana en casa, e per quen un día na Coruña era un día no paraíso. Lendo descóbrense outros mundos, outras ideas, outros soños. que nin sequera pódense tocar ligeramente doutro xeito. Os libros eran os meus refuxios secretos, construían mu mundo, facíanme soñar. Quero que continúe sendo así.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grazie del passaggio e del commento sul mio blog democraziaepartecipazione.blogspot.com...purtroppo non seguo molto quel sito poichè ne ho uno che trova più seguito.
Da quello che capisco tu conosci l'italiano, io purtroppo lo spagnolo no, magari una sera con calma tenterò di arrivare ad una libera traduzione.
Ciao, Giorgio.

 
Contrato Coloriuris