jueves, 16 de octubre de 2008

Flashes e cámaras

Onte era un deses días diferentes ao resto. A profesora de chinés díxonos que os que puidésemos viñésemos a clase pola mañá. Púxonos un capítulo da serie que vemos sempre en chinés, que máis que unha serie educativa parece un culebrón :D. Sabiamos que ía vir a conselleira de educación. Eramos poucos, pois a maior parte da xente non pode acudir a clase pola mañá. Para min foi unha situación estraña. Primeiro entraron a directora e o xefe de estudos, os dous moi trajeados. Creo que se me fixo estraño ver ao xefe de estudos (ao que non vira desde o principio do curso ata onte) daquela guisa, tendo en conta que me deu clase fai algúns anos e que me tomaba sempre o pelo (toma sempre o pelo a todo o mundo...). Despois entraron unha 0a de xornalistas, e finalmente a conselleira. Fíxolleme absurdo estar rodeada de xornalistas, cámaras que gravaban e flashes que se disparaban cada dous por tres. A situación pon nervioso a un, a verdade. Agora xa entendo á xente que escapa de flashes e cámaras. Pero non estivo mal.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris