miércoles, 1 de octubre de 2008

OS Mc Donald's

Por desgracia, a compañía Mc Donald's segue sendo un éxito en todo o mundo, pois millóns de persoas cada día acuden aos seus restaurantes, nutrindo a unha empresa que vive do capitalismo e a costa da saúde de moitos seres humanos, que inocentemente, van aos seus restaurantes co incentivo económico.

A min personalmente, as hamburguesas do Mc Donald's non me gustan. De feito, eu adoito ir buscar hamburguesas ás cafeterías. O único que me gusta de alí son os xeados. De todos os xeitos propúxenme un reto:

Non vou volver a pisar un Mc Donald's na marxe dun ano (por agora).


O 16 de outubro, é o día Mundial Anti-McDonald's. É unha iniciativa que parte da Mc Donalds Workers' Resistance en Reino Unido, dende 1980. En moitos países os seus traballadores organizan unha folga para protestar polas condicións da comida e polas condicións nas que traballan eles mesmos. Por desgraza, aquí non é moi coñecida a iniciativa....

2 comentarios:

fumador dijo...

Eu nunca pisei un Mc Donald... nin falta que fai... Sorte nos teus propósitos e, sobre todo, parabéns polo teu blogue.

gatta rosa dijo...

Gracias... Avísame cando escribas no teu blogue e fágote unha visitiña :D

 
Contrato Coloriuris