sábado, 27 de diciembre de 2008

Nadal

Estado: cansa
Canción: Vacca: oggi va così

Hoxe estou realmente agotada. Quizáis non sexa tan extraño, ó fin e ó cabo. O 24, Noiteboa. En casa dos meus avós paternos, en Porriño, como cada ano. Despois fun a Cepeda (Pazos de Borbén) cá miña mellor amiga e o noivo, para medio-celebrarlo. Vimos algunha película, bebimos, comimos... En fin. Non me imaxinaba que ía a ser un bó plan, o malo é que de noite facía un frío tremendo (levamos un radiador) e de día calor.

E o 25, Nadal. É un día que non me gusta moito, ademáis sempre (ou casi sempre) o pasamos en casa dos meus avós maternos, en unha aldea que realmente é agobiante (o almenos para mín). Todos os anos, cando pasa este día, síntome super aliviada.

Onte aproveitei o día, quería facer uns regaliños de Nadal a dous amigos, así que nada... Tiña moi claro o que quería e onde ir, así que non tiven maiores problemas.

Este mes tamén dinme conta de que gastei moito diñeiro, a verdade, é que no meu caso, os famosos “gastos formiga” son unha lacra. Teño un problemiño cá comida e os doces, e iso salta á vista dos meus gastos...

Eu hoxe teño o día tonto, espero que vós o esteades pasando ben :D

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris