martes, 9 de diciembre de 2008

Caballero e o botellón

Agora, o señor alcalde de Vigo, Abel Caballero, quere prohibir o botellón en Vigo. Esta lei aprobaráse en marzo e deixará desamparados a moitos xóvenes, agora explicarei por qué.

En Vigo non hai moitas opcións de ocio. Xa para empezar, en Vigo non quedan grandes discotecas, solo ó Émbassi e o A. Moita xente desprázase ata Porriño para ir a Queen (e iso, obviamente supón un desembolse económico en taxis, gasoliña, etc). Non hai moitas actividades de ocio para os xóvenes. A maior parte son de pago (e non precisamente baratas) ou actividades creadas e promocionadas por persoas e asociacións totalmente anónimas. Polo tanto, paréceme moi lóxico que NÓS fagamos botellón. Non toda a xente que se xunta para facer botellón bebe desmesuradamente, hai moita xente que simplemente socializa (Hai unha zona moi coñecida á que van os estudiantes universitarios).

Por último, debo destacar que o señor Caballero escribiu algúns libros. Non os lín, pero en fin. Se sá botar a imaxinación a algunhas cousas, tamén a outras, digo eu. Que organice uns talleres literarios ou outras actividades culturais... Xa veríamos como cambia o conto.

(Políticos... qué poucas ideas teñen...!)

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris