lunes, 1 de diciembre de 2008

Finde...

Esta fin de semana foi interesante.

O venres tiven a cena cos meus compañeiros e a miña mestra de chinés, despois fomos por aí algúns de nós. A verdade, que paséino moi ben. Moitos de nós xa nos coñeciamos do ano pasado, e hai bastante bó rollo.

O sábado fun con Roberto e Matteo ó cine a ver Madagascar 2 (ha,ha)e foi divertido. O malo é que despois fumos a tomar algo e bueno, eles comezaron a falar de cousas conectadas cá política, algunhas moi específicas das que non atreveriame a dar a miña opinión porque non as coñezo. Así que prácticamente non abrín a boca. Aburrínme un pouquiño, ademáis estaba un pouco cansa. Non culpo a ninguén, que conste... :D Non era a noite, ha, ha, ha.


O domingo pola mañán, quedeis con Jaime, un rapaz chinés que estudia na EOI. Dicía que foise dúas semanas e que me comprara un regalo. Pois sí, un libro de caracteres chineses moi interesante. ¡A ver cántos coñeces! díxome. E recorrín as páxinas sinalando os caracteres que xá coñecía. É moi simpático. A verdade,que o regaliño sorprendeume, non conseguira quedar con él ata agora :D- Espero que mañá os meus compañeiros de chinés non empecen có vacile... ¡outra vez!

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris