domingo, 28 de diciembre de 2008

Bico da lúa: Dous anos



Hoxe fai dous anos que abrín este blog, o cuarto da miña lista e aínda que non é moi visitado, sigo e escribo nel sempre que me ven unha idea.

Lémbrome ben dos motivos polos que iniciei a escribir un novo blog en galego, o primeiro, que non quería esquecelo. Non falo galego normalmente na miña vida (as veces, pero poucas, xa que en Vigo non o falamos moito) e dende que empecei a estudiar italiano, tiven algúns problemas ca miña lingua rexional, polas numerosas interferencias.

Escribo o galego como o estudiei no seu momento, neguéime sempre a guiarme pola normativa nova, xa que en algunhas das novas normas non estou dacordo e é moi visible a influencia política. E non penso cambiar o meu modo de pensar, independentemente do que pensen os demáis, que é igualmente respetable.

Quero deixar claro que estou moi contenta, que non me vergoño de ser galega, e que espero seguir escribindo moitos anos máis.

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris