martes, 18 de noviembre de 2008

Mal día...

Onte tiven un día disos nos que gustaríache pegarte un tiro, o quizáis dous. A verdade que, non sei se poderia ser peor. Pola mañán tive que ir o médico para recoller unhas análises... E unha xa estaba, pero a outra non. A doutora, é un pouco pesada e rompíume a cabeza. Saín xa de aí mosqueda, con ganas de matar a alguén e pensando en que necesito as análises para o 20. A ver qué pasa.

Non conseguín concentrarme en todo o día en nada. Despois, chegou a hora de natación. Foi horrible. Repentinamente sentínme sen folgo, e non daba unha. Non conseguía nadar, necesitaba pararme a cada rato porque o meu corpo caíase cara abaixo. E nadando a crol, entroume auga por todos os lados. Non sei, non tiña tempo para respirar. "¿Estás ben?- Preguntoume o monitor. Non soubera que contestar. "¡Está cansa! ¿Verdade, Ana?"- Dixo un dos meus compañeiros. De feito, aínda non fixera o ridícolo bastante onte. Cando tíñamos que facer un exercicio (o último) a pé, tambaleábame. Non mantivera moi ben o euqilibrio.

Aínda por riba, a miña "amiga", cando nos vimos despois de natación, pediume que saíra diante (coma sempre) porque o único que lle importan son os tíos. ¡Xenial!

Sólo un e-mail Alegroume, por algúns minutos o día de onte...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hai días negros...
Tamén hai días vermellos.

***
Coñecín o teu blogue a través da iniciativa de blogues pola lingua. Léote ás veces.
Un saúdo.

 
Contrato Coloriuris