Correr detrás dun tranvía e un bus cargada cunha mega bolsa do Lidl....
Benvida a Milán, Anahí...
sábado, 2 de julio de 2011
lunes, 20 de junio de 2011
Nun Vitrasa...

Sae o sol, un novo día para poder ir á praia. Diríxome cara a marquesiña, a poucos metros da miña casa. Síntome có corazón nun puño, e espéroche. 5 eternos minutos. Descolgo a miña mochila dos ombreiros, mentres se anuda a miña gorxa. A angustia enturba os meus ollos húmidos agochados tras os lentes de sol. Quizais sería mellor non esperarche e botarme a andar. Non sei. Estou nerviosa. E é que, non o sabes, pero o meu maior segredo é que che observo cada vez que pasas preto de mín. As veces con sorpresa, outras cun sorriso. E en ocasións con unha profonda melancolía, como cando che vexo despois de moito tempo.
Gustaríame abrazarche. Pero non podo. Non debo. ¿Por qué? Non sei. Non podo expresar as miñas emocións con verbas cando vexo o teu corpo robusto mentres te achegas á parada. Só sei que che miro, con curiosidade e intriga. As veces adivínote dende a miña xanela. Outras, paséome a propósito para cruzarme contigo. Quén sabe o que se che pasaría pola cabeza se adiviñaras o meu pensamento. Se non o adiviñaches xa.
Falta un minuto. Volto a recoller a mochila, e observo expectante, á espera da túa chegada.Sí, aí ves,podo mesmo adiviñar a túa mirada penetrante dentro da coraza verde. Ábrense as portas. Entro, saúdo, sonrío. Pero non te conto o meu segredo. Só busco un sitio onde colocarme... e seguir curioseando. Porque espíote cada vez que pasas pola miña casa, Vitrasa.
Etiquetas:
escribir,
estados de ánimo,
rapaces,
transporte,
Vigo
Ubicación:
Vigo, España
domingo, 28 de noviembre de 2010
La Linea
¿Coñecedes a este simpática personaxe de animación?
Chámase a Linea, e é unha personaxe creada en 1969 por Osvaldo Cavandoli e dobrado por carlo Bonomi. Inicialmente creouse para diferentes campañas publicitarias. Finalmente convertíuse nunha personaxe recoñecida por moitos, pero da que poucos coñecen a súa lingua.
Lín en moitos foros e vídeos, discusións sobre o idioma que fala.¿Inglés? ¿Francés? ¿Italiano? ¿Húngaro? ¿Español? ¿Unha lingua inventada? Pois non.
É unha lingua que coñezo ben, xa que a lingua misteriosa e olvidada é milanés :)
viernes, 27 de agosto de 2010
Suxerencias...
Necesito suxerencias.
Cousas que facer para distraer a cabeza.
As ideas que teño non son suficientes.

jueves, 22 de abril de 2010
Aquel rapaz da ATM...
Canción: Gianna Nannini- Attimo
Estou triste. Pensativa. Pasaron meses e meses, pero lémbrome. Lémbrome de cando estaba en Gratosoglio, e un xoven conductor, creo de un autobús, decíame ,sonriente “buongiorno”. Eu contestei, tamén con unha sonrisa. E seguín polo meu camiño. Non lembro se o conductor era de tranvía ou de autobús, pero decántome polo segundo. Por alí pasan dous tranvías, o 3 e o 15, e a línea 79 de autobús. E o rapaz estaba esperando uns minutos antes de volver a saír. Por aquelas, non dixen nada más. Porque tiña a Fabio. Pero reconozco, que non quitei da cabeza aquel rapáz. E arrepíntome, de non engadir nada máis a aquel saúdo.
Non poderia atopa-la pista. Volvín a casa. Non sei por que o lembro. Quizáis arrepíntome de non darlle corda. Quizáis engánome e intento distraer a miña conciencia da miña vida triste e cruel. Xa non esto una miña Milán. E aínda por riba chegou a primavera. E a primavera faime estar en un estado esraño e absurdo. Quén sería él? Como se chamaría? Serían imaxinacións miñas aquela maravillosa sonrisa? Non o sei. Solo sei che o lembro. E ninguén me pode axudar.
Etiquetas:
amor,
emocións,
estados de ánimo,
Milán,
rapaces
jueves, 4 de marzo de 2010
miércoles, 3 de marzo de 2010
Tristiña
Estado: tristiña
Canción: Verdena: Ovunque
Hoxe estou tristiña. Estou en Boloña. Gústame un rapaz dun bar que fai días que non o vexo. Un dos nenos os que cuido agora púxose malo, o que quere dicir que mañán seguramente estarei todo o día liada... Aínda por riba non está un bo dia e todos os tíos dánme largas xDDD
Tamén recibín unha boa noticia pero non quero anticipar nada porque non é segura. Cruzo os dedos.

viernes, 30 de octubre de 2009
Profunda soidade...
Estado: Triste
Cancion: Counting Crows: Colorblind
Soidade.
Soidade profonda.
Quedei atascada no tunel, a rabia explotou, a búsqueda da miña paz interior impulsóuse.
Bó Samhain a todos.

martes, 28 de julio de 2009
domingo, 28 de junio de 2009
Michael Jackson
miércoles, 10 de junio de 2009
A triste realidade do galego entre os xoves!!!
Esta curtametraxe é moi boa, revela unha realidade que se produce, aqui en Vigo é algo moi habitual. l.
Qué conste, eu habitualmente non falo en galego, xa que a xente que me rodea suele falar en castelán. Non me avergonzo de ser galega, aínda que por desgracia, moita xente sí.
viernes, 5 de junio de 2009
Nervios
Estado: pensativa
Canción: Gamba de Legn- Ciapasala no
Ola a todos, decidín voltar a escribir, quédanme os exames de inglés, o luns e o xoves, pero ahora teño moito máis tempo porque xa non hai clases. Os exames de chinés foron ben, aínda que o día do oral atopéime ó xefe de estudios (que é bastante vacilón, e como xa dixen en outras ocasións, deume clase) e preguntoume se era eu quén estaba facendo escándalo alí enriba (Sí, claro, pregútasllo a unha que é demasiado silenciosa... :D) En fin.
Nestes días tiven un baixón importante porque non sei nada do traballo. Intentei chamar e nada. Non responde. E falta un mes. Evidentemente esto desespérame. A verdade é que empezaba a plantearme o quedar na casa, pero doume conta de que teño que ir sí ou sí. Pase o que pase. Nofondo, o máis grave que me puidera pasar é que teña que ir ó consulado e pedir que me paguen un billete de volta...E espero non chegas a esos límites...
Por outra parte nas últimas semanas creo que tiven unha especie de frechazo virtual con un rapaz milanés, o máis curioso é que parece que é mútuo... A verdade é que impresionoume moito, e parece que eu tamén a él. Por certo, independentemente disto, parece sorprendido porque dice que parece que estou moi comprometida cá política... Bueno, a verdade é que dende fai uns anos cara hoxe interésame máis.. E as miñas ideas foron sempre máis ou menos as mesmas... Máis ou menos. O máis curioso é que con respecto a Italia, certas personas tamén moi firmes nas suás ideas fixern que coñecera xente (virtualmente almenos) do mundo político. Alcaldes, conselleiros e candidatos para serlo. En fin... o_O
Polo menos chamáronme da ONCE para un curso de Braille. En realidade teñen a obriga de dar cursos, pero xa que hai moi poucos voluntarios en Vigo, o que organizan cada certo tempo é ese :D

jueves, 21 de mayo de 2009
Unha pequeña disculpa...
Estado: estresada
Canción: Vacca- Poco poco poco
Sento non escribir tanto neste periodo, pero de verdade, estou estresada cos exames e a viaxe... (E sobre todo, estou paranoica)
Quiero que pase rápido este periodo...

viernes, 15 de mayo de 2009
Merda
Estado: deprimida
Canción: Pesi Piuma- Giorni di Sangue
Hoxe estou mal. Menstrual, mosqueada porque os meus irmáns foron de viaxe por primeira vez (a París) e eu á sua idade non saíra nin sequera de Galicia. Eles xa estiveron, con 15 aniños que ten, en Madrid, Barcelona, e ahora en París.
Tampouco teño todo claro sobre a miña volta a Italia, que pode ser unha gran victoria ou un fracaso estrepitoso. En estes días non teño novedades sobre o traballo, aínda me teñen que mandar un papel que teño que firmar... Sobre "onde durmir" tampouco teño nada fixo, estou barallando varias posibilidades, pero aínda non sei nada con seguridade.
Hoxe é o típico día de merda no que só teño ganas de chorar e comer. Últimamente non saio, todo o mundo está ocupado.... Non sei. Non estou ben. E aínda por riba, dentro de nada, esames....
Futuro incerto.. cada vez máis...

esames,
estados de ánimo,
Italia,
Milán
viernes, 8 de mayo de 2009
Incendio no Calvario
Onte hubo un incendio en unha coñecida cafetería (Nuevo Crismelo) do meu barrio, O Calvario. Entereime sobre as 15.00 da tarde, cando saín da casa, xa que a zona estaba chea de policías, bombeiros, e xente que parada, observaba o panorama. Por fortuna non houberon daños personais, aínda que para os donos foi unha desgracia, xa que, según o que oín, houberon grandes pérdidas no almacén... :|
Ánimo...
Ánimo...
martes, 14 de abril de 2009
sábado, 11 de abril de 2009
Loitando
Estado de ánimo: Pensativa
Canción: Davide Van de Sfroos: Pulenta e galena fregia
"L'è mea vèra che nel silenzio
dorma dumà la malincunìa,
l'è mea vèra che un tuscanèll
l'è mea bòn de fa una puesìa.
In questa stanza senza urelògg
bàla la fata e bàla la stria
in questu siit senza la lüüs
che diis tücoos l'è duma' l'umbrìa...."
E agora, os meus pensamentos bailan ó ritmo de melodías extrañas, dudas que se agolpan unha tras outra na miña cabeza. Quedan 81 días. 81 días nos que terei que librar duras batallas contra os meus futuros exames, deixar en orde as cousas en Vigo.E deixar en orde o meu verán. Un verán que será estrano, quizáis cheo de aventura que xamáis pensara vivir, xa vou dar un paso que xamáis imaxinaba que atreveríame a dar. Un paso cara o descoñecido. Un paso no que as máscaras de supostos amigos están empezando a caer, e demóstrase cáles son as peles reais de sinceridade. Unha aventura deña de calqueira dos meus ex mestres de italiano. Teño algo de medo, pero có medo non se vai a ningunha parte....

Síntome pequena.

jueves, 5 de marzo de 2009
Son un desastre... Aínda que non estou triste
Estado: Crítica
Canción: Rihanna- Umbrella
Son despistada, extremadamente despistada.
Quería buscar información sobre os partidos minoritarios antes de votar nas eleccións galegas. Non o fixen.
Quería dar os sellos que tenño repetidos das cartas o meu avó. Esquecínos por completo.
En chinés milagrosamente non suspendín, pero en inglés carguei tres de catro partes.
Como delegada de clase son un desastre, tiña que facer unha lista de teléfonos e non a fixen.
Entre eso, a miña memoria (que funciona cando lle apetece) e os meus medos escénicos (que gustaríame superalos, e dentro de pouco terei que afrontalos...) Estoume a volver tola!

sábado, 28 de febrero de 2009
¡Desfogo! (A falta de outro tipo de desfogos...)
Estado: pensativa
Canción: Marco Masini- Vaffanculo (Nunca mellor dito...)
A palabra é pensativa.
Estou en Mos, na casa dos meus avós. Sí, estáse moi ben por un par de días sen pais, sen irmáns. Estou reflexiva por todas as cousas que están pasando na miña vida: Un mestre déixanos, á volta das vacacións terei as notas dos exames, (Entón sí que vendrán as miñas xornadas de reflexión) a miña vida emocional está moi desordenada (e todo o que conlleva.. xa sabedes...) e empezo a botar en falta (un pouquiño) Milán despois de medio ano. Xa non con tanta ansiedade, pero un pouquiño. E non me queda nada, tería que atopar un traballo aquí, aforrar, repetir os mesmos procesos. Eso sí, sei que conto co apoio de moitos deses amigos que a kilómetros de distasncia, seguen a soportar as miñas crises... Alguén dixo que Vigo é unha "mini-Milán". Bah.. dende logo fáltanlle moitas cousas para selo. Quizais a zona industrial (especialmente a avenida de Madrid, onde hai un montón de empresas con edificios xigantes) é unha mini-Milán. Pero polo resto...
Mañá pola mañá teño que ir a Vigo. Ademáis de ser xa domingo, teño que ir votar. Mandei unha mensaxe á miña nai para que me confirme se chegou a carta na que te dín o colexio, a mesa e todo iso. En fin. As veces penso que sería máis práctico montar un partido político propio e pasar de toda esa panda...
Tamén estou contenta porque continúo escribindo o relato, aínda que agora atasqueime un pouco e eso mosquéame... ¿Algún consello? Quizáis un "brain storming"...
Non me podo queixar, en estes días caéronme dous regalos: Unha PDA con teléfono, que conseguiu un dos meus tíos (Para non levar tantos trastos enriba...) E unha pantalla para o meu ordenador, que a miña está cascada e estou todas as noites a golpes con ela... Levaba tempo pensando en comprar unha pantalla ou un portatil O problema do portatil é que no ordenador teño un aparello de televisión e non se pode meter ó portatil... :S

viernes, 27 de febrero de 2009
Adeus, Juan
Estado de ánimo: Triste
Canción: Los Piratas- Muertos
A noticia do suicidio de Juan Campos Paz, mestre de música en diversas escolas, (Entre elas, Escuelas Nieto, na cal estudiei os últimos catro anos de escola obrigatoria) caeume como un xarro de auga fría. Probablemente moita outra xente sentíuno así. A noticia sorprendéume o mércores, cando me disponía a ir a natación. A dor apoderóuse de mín e non puiden impedir que as bágoas se deslizaran polas miñas meixelas. O vín por última vez fai algúns meses. Non podería imaxinar nada así, o único que advertín naquel momento claramente é que tiña ganas de falar.
No funeral chorei bastante. Avergónzame chorar así, máis cando alí estaban moitos dos meus ex mestres de aquela escola. Revivín as súas clases, as súas palabras, a ternura que desprendíase de aquel modo de ser bonachón e aparentemente tranquilo. Pero tamén lembrei momentos nos que estiven a punto de cometer aquel loucura de rematar con todo. Por fortuna, no seu momento, alguén o impediu.
Estou tentando de asimilalo... Pero non son capaz...

clase,
inxustiza,
sensacións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)