viernes, 29 de febrero de 2008

E agora, pizzica

Tócame facer algo que non pensara xamais, nin sequeira o imaxinara. Fai algunhas semanas, xa que eu toco a pandeireta, o meu mestre de italiano propúsome tocar unha pizzica. Aceptei, un pouco pensativa, porque xa sabía que a música tradicional do sur de Italia normalmente é moi rapida.

Entón, onte cando saín de traballar, ás tres, collín o bus, deixei o bolso na casa, collín as cousas de clase (porque despois tiña clase) e a miña pandeireta. Esperei, e despois fúmonos, primeiro ó departamento de italiano, e despois á aula magna. (Co meu mestre de italiano e outro mestre.. sen comentarios! Bueno, polo menos comportáronse ben :D)

Para producir un son similar ó da pizzica, teño que practicar un pouco: En primer lugar, porque son dous instrumentos de percusión diferentes, (loxicamente, non teño que explicar cál é o galego) polo que teño que adaptar o ritmo. O da Puglia tócase dun modo diferente, non se move a mán da pandeireta, come se fai normalemtne (non sempre) aquí, móvese a outra.




Izquierda: pandeireta galega. Derecha: pandeiro pugliés :D




De todas formas, agora que teño o cd e todo o fin de semana (Mañán non teño teatro porque parte da xente foi para Madrid hoxe)

Atopei algo curioso... Atopei algunhas cousas comuns entre este tipo de música e a tradicional galega: O baile, os vestidos, (No cd hai un video tamén....!) A técnica de canto é parecida, e os textos están maís ou menos estructurados da misma maneira.

Polo tanto, fixen unha busqueda sobre a historia pre-romana da Puglia e atopei isto:

"Entre o VII e o IX, a rexión foi atacada polos Longobardos (población celta) francos, e saracenos, que gradualmente ocuparon as localidades principais da rexión, deixando a Bisanzio solo o Salento (con Otranto e Gallipoli).

Os Longobardos ocuparon Gargano, Canosa e despois Brindisi (633), Taranto, Bari etc., mentres que os saracenos, empezaron a sustituirse polos longobardos, ata que toda a rexión foi unificada baixo un mesmo poder.

Solo Bari, que se convertiu en sede de un emirato, manexado por gregos, longobardos, francos, saracenos, e en ocasións con a axuda dos venezianos (1002), conseguiu manter unha certa autonomía."

Será por eso, xa que quen coñece a música galega sabe que ten unha orixe prácticamente celta, e que parécese á irlandesa :D

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris