sábado, 1 de marzo de 2008

Chinés na semana cultural

Onte fun venres, polo tanto tiña que ir a traballar, non tiña clases, pero tiña a actuación de chinés.

Houbo moita xente que botouse para atrás, a dicir verdade, da miña clase viñemos solo cinco ou seis, je je. A mín puxéronme diante porque estou afinada (aínda que non son a única da clase). Estaba algo nervosa, o meu mestre de italiano estaba por alí, pero iso xa o esperaba. Non era o que máis nervosa me puxo. Creo que púxenme máis nervosa cando vin que entrara o xefe de estudios (E ex mestre meu de italiano...!) Uff... E non chegou aínda a actuación de italiano, vou ter que méterlle caña, que se non... ja, ja, ja.

Bueno, non me saiu mal, o único malo é que as pernas tremábanme. Cando teño que facer algo así e me poño nervosa, teño a impresión de perde-lo equilibrio dos tacóns, jajaja. As máns xa as agarrara cara atrás para evitar máis tembleque. :D Encantaríame poder controlar os meus nervios cando me miran, pero iso solo se aprende cando... o fas moitas veces!

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris