sábado, 8 de marzo de 2008

Pizzica!

O xoves foi "o gran día". Sí, en efecto, tiven que tocar ca miña pandeireta unha canción do sur de Italia chamada "U Santu Paulu". Pero bueno, empecemos polo principio. Todo empeza cando Fabio - o meu mestre de italiano- propónme toca-la pandeireta no festival cultural. Aceptei casi sen pensalo dúas veces. Teño que dicir que os ensaios foron situacións estranas para mín: O primeiro día de ensaio estaban solo Fabio e Marco (outro mestre) que tamén tocaron no festival, a guitarra e o acordeón. Primeiro estabamos no departamento de italiano (con mestras que entraban e saían constantemente) pero ó final fumos á aula magna. Debo recoñecer que me tiveron que botar unha man (ou dúas) para conseguir coller o ritmo da canción, e iso que, agora que o penso, parécese moito á xota punteada :D

O luns tivemos que ensaiar outra vez, pero rodeada de algúns compañeiros de italiano que querían aprender a bailar. Esta vez estabamos todos, tamén os dous rapaces que tiñan que cantar, e os bailaríns que viñeron da Puglia a ensinar ocmo se baila. Foi un ensaio aberto á xente de italiano, polo tanto estabamos rodeados de mestres... (Uff...!) Para mín a verdade, foi casi como estar en familia, coñecía a maior parte da xente, ja,ja, ja. Algunhas persoas felicitaronme por como tocara ou preguntáronme canto tempo levo e esas cousas. Simona e Alessandro (os bailaríns) déronme as gracias por participar (Non era para tanto, é algo que fixen con moito pracer) Despois, marchei.

O día seguinte tiña un e-mail de Fabio: Preguntábame onde me metera, porque foran todos a tomar algo e eu non estaba, ja, ja, ja. Cousas que pasan. Non deixaba de ser unha situación un pouco estrana para mín :D Agora en serio, non o sabía e estaba moi cansa... Parece que Fabio saíu correndo detrás miña, pero eu corrín máis que él :D Ese día sí que fun a tomar algo con eles despois de ensaiar, e a verdade é que estaba algo cortada: Alessandro e Simona sabían máis de mín do que eu pensara, ja, ja, ja. (Non te fies nunca de un mestre de italiano... consello de experta!)

Finalmente, o xoves tivemos a actuación. Estaba nerviosa, pero disfrutei moito. Creo que superei unha especie de bloqueo. Moita xente volveume felicitar, e cando subín Marco díxome que fora ó departamento de italiano un momento. Va e di: "Isto tiña que facelo o xefe de estudios... pero xa que marchou..." Un agasallo. Sí, había un agasallo para mín e outro para a outra rapaza (que xa se fora) de parte do departamento de italiano. Como era de supoñer, era un bó agasallo: un libro de lectura :D

E nadam despois fumos tomar algo, esta vez tamén viño outra mestra e algúns compañeiros da miña clase. Fabio díxome que me ía suspender solo para facerme participar o ano que ven outra vez. (Que malo... Se suspendo 5º, vou ter que facer dous anos!) Paséino ben, pero como era de supoñer, estaba algo triste... Chegara o final!!!!

Cando cheguei a casa e contéillo todo á miña nai, ela díxome dúas cousas:

- Que tería que pedir ós mestres de italiano que me escribiran algo dentro do libro (Non o pensara, a verdade)
- Que cómo non lle pedín a mail os bailaríns (Iso o pensei, pero non o fixen, hja, ja, ja.)

Bueno, en fin, creo ue eso es todo. A ver si consigo los documentos gráficos :D

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris