martes, 18 de marzo de 2008

Soños...

Fai un par de días tiven un soño un pouco curioso.

Sí, era eu. Levaba unha traxe azul marino que me quedaba coma un guante. Moi formal. O pelo o tiña recollido nun moño. Os labios, os tiña pintados. E na man, levaba un maletín negro. (Non, non atraquei un banco...)

Corrín coma unha tola polas rúas de Milán. Correra, miraba o reloxo. Tiña moita prisa. Moitísima. Chegaba tarde. Cheguei ata unha parada de metro, e baixei a toda velocidade polas escaleiras. Xusto en ese momento ,perdín o metro que tiña que coller. Esperei pacientemente ata a chegada do seguinte... Subín botando lume. Xa dentro, intentei calmarme un pouco.Ía atrasada. Pero xa quedaba pouco. Por fin, volvín baixar do metro e corrín. Corrín como xamais correra ata un sitio que parecera unha oficiña. Entrei.

Xa era bastante tarde. Un grupo de señores, que estaban sentados ó redor dunha mesa, quedaron mirandome. Algúns cunha sorrisa, outros con cara de ¿¿¿Onde te meteras??? Uff...

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris