miércoles, 6 de febrero de 2008

¿Traballo?

Hoxe, despois de ser chamada e realizar uns tests, comecei un curso para un traballo. É un curso de solo tres días, pero é un tema interesante, pois é de altas e baixas dunha compañía telefónica a outra.

Foron moitas horas seguidas (e mañán máis) pero estou contenta. Compañeiros simpáticos, instruccións que non me parecen difíciles e toda unha mañá ocupada. Despois suponse que pasaremos ó mes de proba e dedicirase se seguimos ou non.

¿Consecuencia disto? Pois é posible que non poda ir a Milán para o foro humanista europeo (4-6 abril) e polo tanto, non podería nin ver ó Paolin, nin quedar cos meus amigos, nin ver a ningún dos grupos que me gustan... PERO nese caso, estarei traballando, e xuntando diñeiro, polo tanto podería irme en canto collera vacacións e por máis tempo :D

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris