domingo, 3 de febrero de 2008

¡¡¡Vaia fin de semana!!!!

¡Este fin de semana non parei!

O venres pola noite quedei cá Vane e algúns amigos seus e estivemos por aí ata as cinco da mañá.Esta vez casi non bebín, pero bailei moito. Primeiro estivemos nunha cafetería brasileña e despois saímos por aí cos seus amigos. Bailei como unha tola.

O sábado levanteime- máis ou menos, aínda que cheguei tarde- para ir ó taller de coñecemento persoa de Entrebarrios, visto que faime falta aprender a relaxarme. Non estivo mal. Despois, pola tarde-serán, un par de ensaios ó texto de teatro, (Por certo: En unha semaniña estreamos nun pub de churruca, que creo que se chama Contrabajo...!) reunión do grupo humanista,arregleime un pocco ( medio-vestín de bruxiña) e moitos de nós fumos a unha festa. Toquei a pandeireta, porque dúas das rapazas están aprendendendo o baile galego, coñecín xente moi simpatica, bailamos un cacho e ceamos un prato ecutaoriano (È a primeira vez que probo un prato de Ecuador, a verdade...) Un dos rapaces da asociación díxome de saír por aí de marcha, pero ó final surxiu algo e non poido ser. De todas formas paséino ben.

E hoxe nada, tiven un día algo máis relaxado, aínda que pola tarde fun a casa da Vane porque pediume que lle ensinara algo de inglés para falar con amigo seu suízo (Lástima che é da zona alemana, jejeje) E a verdade, que o principio estaba algo nerviosa porque non estou acostumada a dar clases... pero bueno, pouquiño a pouco...

Eso sí, cruzo os dedos para ir a Milán en Abril. Aínda que vaia ca asociación é un buen pretexto para ver a unha personiña... e tamén ó resto da xente. Con un pouco de sorte igual podo ir ver algún dos grupos que me gustan....Cruzo os dedos!!! A ver se son capaz de xuntar toda a pasta sola e se ninguén me chafa a ilusión...

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris