viernes, 25 de enero de 2008

A reforma das EOIs de Galicia

Dende que o goberno emperrouse en que todas as EOIs de Galicia tiñan que levar un mesmo ritmo e o mesmo sistema, isto é un caos.

Fai uns días houbo unha reunión de delegados de clases, e as informacións que viron a luz non me gustan nada. En realidade, entrei en pánico. Creo que todo o mundo volvéuse tolo.

1.- Non hai máis exames de setembro. Quen carga, repite. A excusa que puxeron: que unha baixa porcentaxe de alumnos aproba nos exames de setembro. (ja! houberon dous veces que pasei curso gracias a setembro) A miña teoría: Os quitan porque así garantizan que os alumnos repitan, polo tanto, cobran máis diñeiro das matrículas.

2.- Cando se finaliza un ciclo de exames os mandan dende Santiago.

3.- As avaliacións son (coma sempre) dun 30% e 70%. A prima avaliación non conta se na segunda hai máis nota, solo conta no caso de suspenso. É dicir, que é todo coma sempre.

4.- Queren que chinés sexa, en lugar de 6 anos, 8. Paréceme absurdo. A estas alturas a nosa profesora xa deunos todo o material corrispondente a "Básico 1". Por outra parte, non sei se sería xusto dar 6 anos en linguas como italián. Ó mellor sí, pero habería que distribuír moi ben o temario. Dende o meu punto de vista, os primeiros anos son os máis difíciles pola gramática, polo tanto, quizáis deberían repartila ben, de modo que non se dexa clase moi lentamente nin moi rápidamente....

5.- Haberá unha data única de examen.

6.- O suficiente non será un 5. Será un 6 (Paréceme xusto, porque penso que na maior parte dos países de Europa, un 5 é suspenso...)

7.- En caso de suspender e repetir, no exame final, solo se examinará da destreza suspensa (Iso está ben...)

8.- En cada ciclo solo se pode repetir dous veces, creo, cousa que me parece de tolos!

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris