sábado, 19 de enero de 2008

As cancións da tua vida

Hai cancións que marcan a nosa vida para sempre. Cancións que deixan unha pegada imborrable sobre algunha sombra emocional do pasado, ou do presente.

Hai quen di que avergónzome da miña terra, que se quero irme é porque me avergonzo dela. Quien o di tería que lembrar cál foi o meu primeiro paso na definición do meu gusto musical. A primeira vez que escoitara algo de música á que non me inducera nen pais nen tíos. 10 aniños. Con 10 aniños escoitaba ós Heredeiros da Crus. Creo que cando os meus pais se deron conta, souberon que non tiña remedio, ja, ja.

Así estiven durante almenos tres anos (1997-2000) despois, como pasei varias veces na miña vida, tiven unha etapa de "transición musical". No 2001 comecei a aprender a toca-la pandeireta. Ademais, as bágoas da adolescencia fixéronme cambiar completamente de estilo, e pasei de escoitar Police a escoitar Los Piratas, misturado con algo das primeiras cancións de reggaeton do verán (2001-2003).

Despois, deixei de escoitar a Los Piratas voluntariamente para saír da miña tristeza emocional. Isto desembocou noutro cambio radical, e saltei a escoitar Marilyn Manson, ata o verán anterior á miña entrada na Escola Oficial de Idiomas, se non o lembro mal (2003-2004). Tamén recordo que, pouco tempo despois de entrar na Escola de Idiomas, tentaba de descifrar a canción de Giulia na versión de discoteca de Gabry Ponte, pero a duras penas conseguera descifrar aquel texto. Tamén escoitaba música conectada directamente cá wicca, e có tempo, en este periodo empecei a tomar contacto cá música italiana dun modo inicialmente absurdo, e que desembocaría en estranas consecuencias. Durante o 2005, ano no que coñecín a un rapaz que virtualmente convertíuse en especial para mín, escoitaba Verdena e Afterhours mescolada con cancións máis melancólicas. Cando rematou aquel periodo, choraba con absurdas cancións de Tiziano Ferro y de Povia....

Pero aquel periodo tamén pasou. Pouco a pouco volvín buscar alternativas, (Como Nine Inch Nails) ata que comecei a escoitar grupos como GemBoy e Gli Atroci. Ós primeros deixei de escoitalos practicamente en maio o xuño do 2007 por rabia. Rabia pasaxeira, aínda que de momento non volvín a escoitalos realmente. Tamén nese mesmo periodo (abril-maio) incia o meu estudio do milanés (Estudio que quería empezar antes, pero que non atopaba o modo) comecei a escoitar música en milanès. Os primeiros foron os Gamba de Legn, pero non os únicos. De feito, agora estou na fase de "música en milanès" que abarca moitos grupos. E os feitos (a viaxe e moitas persoas que axudáronme a aprendelo) fixeron que hoxe, o 90% do tempo escoite música en milanés, ademais dos xa mencionados Gamba de Legn, - I Gufi (xuntos e por separado), Longobardeath, FBA, Davide Van de Sfroos, The Vad Vuc, Teka-P, Vomitiors, Enzo Janacci... - E polo momento estamos aí, cá musica milanesa a voltas. ¿Canto durará esta fase?

E unha pregunta para vos: ¿Cáles son as cancións da vostra vida?

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris